Dentro del grupo 6º de la liga de fútbol de veteranos, el equipo valgués empató a dos tantos en el terreno de juego del Bar Da Costa y aparece en el quinto puesto de la clasificación.
X Carreira Popular de Pontecesures.
Será o 26 de decembro a partir das 16:30 horas con saída e meta no centro da vila.
Os pitufos e pitufas de 0 a 4 anos precorrerán 100 m. Os de 5 a 8 anos 400, os de 9 a 11, 600, e os de 12 a 14 1.200.
O circuito para as persoas de 15 anos en diante será de 4.800 metros.
As inscricións serán no Concello de Pontecesures, chamando aos teléfonos 986/564403, 986/564403 e 986/557125. Tamén se poden enviar ás solicitudes ao fax 986/557554 ou ao e-mail omix.pontecesures@concellos.depontevedra.es.
O día da carreira de 15 a 16 horas tamén se admiten inscricións no Centro Social de Pontecesures.
Entregaranse camisetas aos 200 primeiros inscritos, trofeos aos tres primeiros/as da xeral absoluta, medallas aos tres primeiros de cada categoría e trofeo ao participante maís veterano/a.
Haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo de Infesta.
Organiza a Concellería de Deportes do Concello de Pontecesures.
Colabora da Deputación Provincial de Pontevedra.
Extrugasa, unha gran familia.
Como cada ano, Andrés Qunitá xuntou arredor dunha mesa aos dous principais equipos patrocinados pola súa empresa, Extrugasa, así como a adestradores, directivos e os xornalistas que seguen día a día a actualidade do Atlético Arousana e do Extrugasa-Cortegada de Baloncesto. Con esta comida Quintá busca a unión e o bo ambiente que sempre son necesarios para un bo funcionamento dos equipos e ao mesmo tempo aproveitar para pedirlle ás deportistas que se esforcen por seguir mellorando. O xantar comezou con entrega de aguinaldo (unha lata de aceite virxe e unha cesta de nadal) e rematou co tradicional brinde co que se piden éxitos para o vindeiro ano 2010.
DIARIO DE AROUSA, 20/12/09
BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA
Esta tarde temos 2 partidos, ambos en Pontecesures.
As 5 da atrde xogan os Xunior contra o BBC de Vilagarcia de Arousa.
Ás 7 da tarde son os Senior os que xogan contra o equipo vilagarcián de “El Doce Sequeiros”.
Mañá domingo temos outros 4 partidos:
Infantil feminino: Xoga en Marín ás 10.30 h.
A Continuación tamén xoga en Márín, ás 12.30 h. o infantil masculino.
Ás 12.15 h. xoga o alevín feminino en Carril, contra o Cortegada B.
Por último, os cadetes xogan en Pontecesures mañá domingo ás 17.30 h. contra o Xuven de Cambados.
A FEDERACION GALEGA CONFIRMOU QUE JOSE CARLOS GARCIA VAI XOGAR NA SELECCION GALEGA DE INFANTIS.
En días atrás chegou a nova esperada ó club. José Carlos García “Jose Carlos” vai xogar ca selección galega o próximo campionato de seleccións autonómicas que se vai celebrar en Zaragoza do 2 ó 9 de xaneiro de 2010. Polo tanto, vai ser a 1ª vez que un xogador saido da nosa canteira participe nun campionato nacional. NORABOA, e que mellor regalo de Reis que este. Seguiremos atentos á tua paticipación.
Torneo “Nadal 2009” do Pontecesures C.F.
O club cesureño de fútbol ven de publicar una nota na que informa de dito torneo a celebrar no campo Ramón Diéguez da localidade.
Categoría alevín.
23 de decembro. Ás 16 h. Ames-Arousa. Ás 17 Flavia-Pontecesures.
28 de decembro. Ás 16 h. 3º e 4º posto. Ás 17 final.
Categoría infantil.
29 de decembro. Ás 11 h. Flavia-Pontecesures.
Categoría benxamín.
29 de decembro. Ás 16 h. Flavia Pontecesures.
Categoría pre-benxamín
30 de decembro. Ás 16 h . Catoira-Pontecesures
Tamén o día 30 de decembro. ás 17 horas, haberá un encontro alevín entre o Catoira e o Pontecesures.
Os rapaces deberán estar no campo unha hora antes do comezo dos encontros.