O “Joyería Riveiro” vai quinto a unha xornada para rematar a liga.

Tras gañar o pasado sábado ao “Tapería Pilaro por 1-0, o “Joyería Riveiro” de Pontecesures segue na 5ª praza da Liga de Fútbol Veterano, con 68 puntos, nunha táboa encabezada polo “Playa de Lagos”. Aínda pode loitar polo ascenso cesureño na derradeira xornada que se disputa o sábado que ven. O segundo clasificado ten 71 puntos, mentres o terceiro e o cuarto están empatados a 70 puntos.

O Elite Electricidade protagoniza a apertura da Copa do Campionato de Futbito de Valga.

Finalizada a Liga, co A Palmeira coma flamante campión, a trixésima edición do Campionato de Futbito de Veteráns de Valga iniciou a pasada fin de semana o seu segundo torneo, a Copa da Liga.
Nos partidos de ida da primeira eliminatoria, tan só o Elite Electricidad semella ter a clasificación para os cuartos de final xa no peto, logo de golear 0-4 o Desigual.
Aínda que sen tanta claridade, tampouco debera ter problemas para zanxar o cruce o campión ligueiro, o A Palmeira, que venceu 0-2 o Benjamín Ramos. O resto das eliminatorias, pola contra, están moito máis apretadas: Trans. Veiga/Bar O Belén 1-0 Bar Muelle; A Cacharela/Karymo 2-1 Cafetería Sol y Mar; Joyería Riveiro 1-2 A Redonda; e A Casa Vella 1-1 Valdeza/Bar Juan. O Extrugasa exerceu de mesa.
Os partidos de volta disputaránse este domingo, de nove da mañá a dúas da tarde. O luns 1 de xuño, ás nove da noite no Bar Muelle de Pontecesures, a organización procederá ao sorteo da segunda eliminatoria da Copa da Liga. Un sorteo con dúas partes, xa que dado o número de equipos do Campionato de Futbito de Veteráns de Valga, trece, será preciso repescar entre os seis derrotados na primeira ronda e o Extrugasa a dous conxuntos para completar os cuartos de final.

LA VOZ DE GALICIA, 27/05/09

O XOGADOR DO CB RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA ÁS PORTAS DE FORMAR PARTE DA SELECCION GALEGA INFANTIL DE BALONCESTO 2009

Outra nova para o club foi a convocatoria feita estes dias atrás ó xogador do noso club Jose Carlos García, por parte da Federación Galega, a unha xornada de adestramentos a celebrar en Santiago este próximo sábado 30 de maio, durante todo o dia. A ela están convocados os 15 mellores xogadores galegos, para escoller ós 10 que integrarán a selección galega 2009-10.

Recordamos que alá por decembro xa formara parte da selección “promesas” (xogadores de 1º ano infantil), que disputara un torneo amistoso en Lugo. Agora ten a oportunidade de formar parte selección absoluta, que disputará o campionato de España por autonomias o vindeiro inverno.

Sorte para ti, e que sirva de exemplo os teus compañeiros/as do club.

OS RAPACES/AS DAS ESCOLAS DE BALOCESTO DE VALGA E PONTECESURES PARTICIPARON NO GROVE NO TORNEO ORGANIZADO POLO CB. MECO

Dende hai varios anos o Cb. Meco de O Grove organiza un torneo con notable éxito de participación entre os equipos arousáns. Os nenos e nenas son os das categorías benxamíns e prebenxamins, menores todos eles de 10 anos. E coma outras veces o CB Rio Ulla quixo acudir a esta xornada de convicencia, que este ano foi o pasado domingo 24 de maio. Para elo contou con rapaces/as das escolas de Valga e Pontecesures, acudindo finalmente cun grupo de 13 nesnos/as.

Ademasi de disputar 4 partidiños ó longo do día, os rapaces tiveron outras actividades lúdicas e de animación. pintado de caras e pernas, baile e xogos.

 

Foto de todos os participantes no remate da xornada de convivencia.

(Imaxes cedidas por www.todogrove.com a quen lle damos publicamente as gracias)

BALONCESTO: CADETES E INFANTIS MASCULINOS ESTÁN A 1 PARTIDO DAS SUAS RESPECTIVAS FINAIS COPEIRAS

Tralos resultados desta pasada fin de semana cadetes e infantis masculinos teñen que gañar seus respectivos partidos desta vindeira fin de semana (ambos en Pontecesures) para clasificarse para disputar as suas respectivas finais copeiras.

Nesta imaxe, extraida de http://clubbaloncestorioulla.blogspot.com/ vemos as respectivas clasificacións. POr un lado os cadetes se xogan o 2º posto, e acceso á final, co rival directo, o CB. Pontevedra. Mais curioso é o caso dos rapaces infantís. Hai agora mesmo un cuadruple empate polas 2 primeiras prazas. E os 4 equipos xogan na derradeira xornada entre si, polo que os 2 que gañen chegrán á final. Incluso os nosos rapaces poden ser 1º de grupo, gañando ó Liceoe que perda o CB Pontevedra contra o Estudiantes.

Por fru, fai

BALONCESTO: SABADO AS 12 H. DO MEDIODIA, GRAN FINAL DE COPA INFANTIL FEMININA

Tal e coma anunciáramos, Pontecesures acollerá a final de copa infantil feminina arousana, este sábado 23 a partir das 12 h. no polideportivo de Pontecesures, que enfretará ó nos equipo contra o Meco de O Grove. Esperamos que o pabellón presente unha boa entrada e a afección anime ás nosas rapazas para lograr acadar o título.

Outros partidos do club son:

Cadete masculino: Sabado ás 20 h. no Liceo de Vilagarcía.

Infantil masculino: Sábado ás 10 en Pontevedra. contra o CB. Pontevedra.

Ambos deben de gañar seus partidos, para no caso dos cadetes, ter opcións de chegar á final da copa, para o que terian que gañar na seguinte semana a Pontevedra. Os infantís gañando este sábado estarían clasificados para a súa final.

Por fru, fai