Xa hai máis de 200 atletas inscritos, en tódalas categorías, para esta carreira, que comezará ás 16:30 horas de mañá sábado día 27 de decembro, nas inmediacións do monumento das Feiras do Automóbil na rúa San Lois. Espérase bater o récord de participación.
No Centro Social de Pontecesures (camiño de San Xulián nº 4-baixo), poderán inscribirse, mañá sábado, máis atletas dende ás 15:00 horas.
Logo do seu empate fóra, o “Joyería Riveiro” segue na terceira posición.
A dous goles, empatou o sábado pasado o “Joyería Riveiro” de fútbol veterano en Tenorio. Agora a formación cesureña marcha na terceira posición da táboa con 29 puntos (leva 14 encontros xogados, dos que gañou 8, empatou 5 e só perdeu 1; marcando 37 goles e encaixando 15).
O vindeiro sábado enfróntase ao Miramar, que vai en quinta posición con 26 puntos, en Pontecesures.
Torneo de nadal Concello de Pontecesures.
No campo de fútbol Ramón Diéguez, haberá o venres 26 de decembro encontros de fútbol deste torneo co seguinte harario:
Categoría benxamín “A”: PONTECESURES C.F.-PONTEVEDRA C.F., ás 11:00 horas.
Categorías benxamín “B” e prebenxamín: PONTECESURES C.F-CORDEIRO C.F., a partir das 16:30 horas.
Organiza o Pontecesures C.F e colabora o Concello de Pontecesures.
ANTIA SANMARCO E SERGIO MARTINEZ, DO C.B. RIO ULLA DISPUTARON CA SELECCION AROUSANA DE BALONCESTO ALEVIN UN TORNEO CLASIFICATORIO
Foi este pasado sábado 20 de decembro en Carril (Vilagarcia), onde se celebrou un torneo clasificatori de sleccions zonais, en concreto da zona sur de Galicia. Acudiron Ourense, Vigo e Arousa, tanto nas categorias masculina coma femenina. Cada seleccion está formada por 10 xogadores ou xogadoras.
Pois ben, na Arousana o C.B. Rio Ulla estivo representada tanto na categoria masculina coma na feminina. Antia e Sergio foron convocados para este torneo.
Ambos tiveron a ocasion de xogar moitos minutos en cada un dos 2 partidos que xogaron: un pola mañá e outro pola tarde.
As chicas impuxeronse claramente nos 2 partidos; e os chicos gañaronlle a Vigo pola mañá, e perderon contra Ourense pola tarde na prorroga, logo de ir por diante todo o encontro.
Este é o 1º torneo do ano. En febreiro acudirán a Sarria e a finais de temporada (fins maio xogarase o campionato definitivo de seleccions). Sergio e Antia teñen moitas posibilidades de estar cas súas seleccións o resto da tempada. Antia ademais é alevin de 1º ano, polo que se sigue con esta progresión, pode repetir na vindeira temporada.
Sergio e Antia
CELEBRADA A 2ª CONCENTRACION DE BENXAMINS EN PONTECESURES
O pasado domingo 14 celebrouse en Pontecesures a 2ª xornada das concentracions de baloncesto benxamin (7, 8 e 9 anos). Participaron na mesma os integrantes das escolas de baloncesto de Valga, Pontecesures e 2 equipos do Meco de O Grove.
Habilitáronse 2 pistas para xogar partidos simultaneamente. Non se leva resultado nin hai ningun tipo de clasificación.
Participantes dos 4 equipos da concentracion benxamin do 14-12
O NENO DO EXTRUGASA RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA PARTICIPOU DO EXITO DA SELECCION GALEGA INFANTIL PROMESAS
Dias atrás dábamos conta da nova de que por 1ª vez un xogador deste club participaba nunha convocatoria da federacion galega. Neste caso era a selección infantil masculina “B” formada por nenos de 1º ano infantil (nados en 1996). O noso xogador Jose Garlos Garcia (7 anos no club) tivo a ocasion de participar desta selección.
Jose Carlos, 2º de pe pola esquerda
Na 1ª fase a seleccion galega do 96, patrocinada por Caixagalicia acadou estes resultados:
Selecc Galega caixagalicia CETI 56 – Estudiantes de Lugo 40
Selecc Galega caixagalicia CETI 70 – Colexio Leonés 50
E na Gran Final impúxose ós portugueses de Oporto nun partido moi axustado:
Selecc Galega caixagalicia CETI 48 – Porto 45
A nivel individual, Jose Carlos non poido xogar todo o esperado logo de sufrir un esguince de nocello na 1ª xornada, onde causara unha boa impresión.







