Empatou o “Joyería Riveiro” na casa co Caldas Veteranos.

Empate a dous foi o resultado do encontro disputado na tarde de hoxe no campo de fútbol “Ramón Diéguez” de Pontecesures entre o equipo cesureño “Joyería Riveiro” e o Caldas Veteranos dentro da liga de fútbol veterano (2ª xornada).
? primeiro tempo foi de dominio visitante e chegouse ó tempo de lecer cun resultado de 1-2. A pouco de comezar o segundo tempo foi expulsado, por falta nunha ocasión manifesta de gol, o gardaredes do equipo caldense e os cesureños pasaron a dominar o encontro.
O tanto do empate a dous para o “Joyería Riveiro”, foi acadado por Héctor Bermúdez, locutor de Radio Valga.

O Náutico de Pontecesures recibe 2.000 euros da Xunta para adquisición de canoas e kaiaks.

Clubs e concellos da zona reciben da Xunta 100.000 euros para material e infraestructuras
A Concellería de Cultura e de Deporte da Xunta de Galicia vén de anunciar a distribución das súas axudas anuais a clubs e concellos para equipamentos e infraestructuras deportivas. Partidas que na provincia de Pontevedra suman case un millón de euros, dos cales 100.000 irán parar a Arousa e o Baixo Ulla.
Por Concellos, o de A Illa de Arousa é o máis beneficiado, cun total de 26.000 euros para a substitución da cuberta do pavillón polideportivo. Dez mil este ano e 16.000 no 2009. O de Vilagarcía recibíu 22.000 euros (10.000+12.000) para o acondicionamento do pavillón de carril. Ao Concello de Catoira concedéronselle 12.500 euros para a adquisición de equipamento deportivo para o club de piragüismo, 10.000 ao do Grove para a compra de canastras de baloncesto e material de ximnasio, e 1.000 á administración local de Vilanova para a adquisición de taboleiros de baloncesto.
Catorce clubs na lista
No capítulo de clubs, son catorce as entidades deportivas da zona beneficiadas, sendo o Club de Remo Mecos o mellor parado cunha axuda de 5.000 euros para o arranxo do foxo de remo das súas instalacións.
O As Torres ingresará 4.000 euros para melloras no seu ximnasio e a renovación de barcos, que unidos á subvención do Concello, elevan a 16.500 os euros destinados polo departamento autonómico de Deportes ao piragüismo catoirense.
A Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa terá 3.500 euros para a adquisición de dúas dornas polbeiras e dúas velas, e cinco clubs recibirán 2.000 euros cada un: a Asociación Deportiva Corón, para a instalación de iluminación no seu campo de fútbol; o Breogán do Grove, para a compra dunha zodiac con motor; o Náutico Pontecesures, para a adquisición de canoas e kaiaks; o C.R. Vilaxoán, que mercará co diñeiro unha traineiriña; e o Piragüismo Illa De Arousa, para a compra dun remolque e estanterías para as piraguas.
A asociación Fasquía da Illa (1.500 euros), o Piragüismo Cambados (1.500), o Cambados Tenis de Mesa (1.000), o Ribadumia Tenis de Mesa (800), o Pérez Sub de Vilagarcía (600) e o Xadrez Fontecarmoa (500) completan a nómina.

Cultura e Deporte non concede subvención algunha ó concello de Pontecesures para instalacións deportivas en 2008.

No Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2008, saíu publicada a orde de 5 de marzo de 2008 pola que se aprobaban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de obras de infraestrutura deportiva de titularidade pública ou privada e para a adquisición de equipamentos deportivos. Agora publicase a resolución desta orde.
O Concello de Pontecesures solicitou axuda para a instalación do marcador no pavillón municipal (orzamento: 3.251,97 ?) e para acondicionar par ximnasio unha zona do propio pavillón (orzamento: 63.386,23 ?). Ámbalas dúas solicitudes foron denegadas.

O “Joyería Riveiro” comeza a liga goleando fóra da casa.

O equipo cesureño de fútbol de veteranos “Joyería Riveiro” encadrado no grupo 5 la Liga de Veteranos de Pontevedra gañou fóra ó Mercaron por 2-4 o pasado fin de semana, e marcha 2º na táboa por detrás do equipo Rápidos de Xeve.

O vindeiro sábado, os cesureños xogarán o primeiro partido na casa contra o Caldas Veteranos no flamante Campo Ramón Diéguez, xa co céspede artificial.

Devoción vecinal por el ciclismo.

fiesta-bicicleta.jpg

A Pontecesures acudieron 150 deportistas de entre 4 y 89 años a una ruta ya consolidada ·· En Negreira el Día da Bicicleta gana adeptos y 140 participantes lucieron camiseta oficial.

Los ciclistas abarrotaron las travesías de Pontecesures en una concentración que acumula varios años de solera

La aficción por el ciclismo en Tierras gana adeptos, y para difundir su práctica dos localidades han tenido la misma idea. Así, en Pontecesures se puede decir que son ya veteranos, y desde los años noventa ponen en marcha un Día da Bicicleta, en colaboración con la Diputación, que en esta edición contó con 150 participantes. En Negreira la concentración va por su segunda edición, y fueron 140 los inscritos que tomaron la salida. Camisetas, regalos y sorteos de bicis animaron, en ambas citas, las vocaciones deportivas entre todas las edades.

Según apuntaban desde la organización cesureña, en esta edición la prueba tuvo salida en A Plazuela, para luego dirigirse por las aldeas del rural y el resto de la villa. San Xulián Carreiras, Condide, Porto… fueron algunos de los destinos donde la serpiente multicolor recibió aplausos. En cuanto a los premios, arrasó Alfredo Vázquez que, a sus 89 años, logró el premio al más veterano.

TIERRAS DE SANTIAGO, 09/09/08