EXTRUGASA RIO ULLA = 71
Gulli (4), Peñaño (14), Pedrito (9), Diego (-), Victor (2), Pino (17), Nacho (9), Santi (4), Juanjo (4), Roberto (8), e Pepi (-).
ESCOLA NAVAL ?? MARIN = 44
Bo partido dos locais que ó final do primeiro cuarto gañaban por 15, amosando o que tiñan que facer para non complicarse. Forte defensa sobre o seu mellor xogador, o nº 11 que era quen dirixia o ataque dos marinenses, en ataque os pivots locais eran mellores frente a un equipo atlético pero non moi técnico.
Iniciouse e encontro e ós 4 minutos Extrugasa xa gañaba 10 ?? 2. Xogando ben o equipo, e resolvedo Nacho e Pino dentro da zona visitante. Parecía que os marineneses querian meterse no partido, dous minutos despois estaban 14 ?? 8, gracias ó acerto do seu mellor xogador. Pero apareceron os lanzamentos de 3 puntos diante da zona que puxeron os de Marín. Peñaño cunha e ¡¡¡ Pedrito !!! con 3 case consecutivas deixaron o marcador nun 27 ?? 12 ó final do 1º cuarto.
No 2º cuarto xa se mantiveron as diferencias: Felipe doulle o relevo na defensa sobre o 11 visitante, Gulli un descanso a Peñano e Santi a Nacho. Así o equipo non se resentiu e seguía a forte defensa local, mentras que en ataque Pino seguía anotando tras rebote, ou en varios 1 contra 1 gañando ben a liña de fondo. Santi igualmente en 1 para 1 ó poste e Felipe anotando por velocidade, quedando o marcador ó descanso nun 43 ?? 22.
Xa na 2ª parte o partido seguiu sen grandes sobresaltos. Houbo un momento en que Marín rebaixa a diferencia a menos de 20, aproveitandose de 2 erros puntuais dos locais, que non estaban acertados nesa fase no lanzamento exterior. 4 puntos de Peñaño deixaron o marcador ó final do cuarto nun 54 ?? 32.
Xa no derradeiro os locais metendo ós rapaces no campo, ben dirixido o equipo por Peñaño, que se xogou varios bloqueos e continuación con Pino, que remataron en canasta deste, tras asistencia daquel, elevaron a diferencia ós 30 puntos, a pesar da presión final dos visitantes. 71 ?? 44 e repartindo moitos minutos para todolos xogadores locais, incluidos os 3 mozos: Pedrito, Juanjo e Victor.