EXTRUGASA RIO ULLA = 67
Gulli (9), Peñaño (8), Diego (-), Victor (-), Pino (13), Santi (2), Feli (10) e Pepi (25).
BBC VILAGARCIA = 68
Os erros finais costaronlle ó Extrugasa a 2ª derrota do ano por unha canasta de 2 puntos quedando 2 segundos. Así, a clasificación achícase un pouco mais, pois hai ata 6 equpos para clasificarse entre os 4 primeiros postos. Notouse a baixa de ultima hora de Nacho, pero Pepi asumiu a súa ausencia anotando 25 puntos nun gran encontro seu.: (5 de 6 en tiros libres, 7 de 11 en tiros de 2 e 2 de 2 en triplas, ademais de 8 rebotes e 2 recuperacións)
Comenzou o encontro e o Extrugasa domiñou o primeiro cuarto con ventazas de 3 a 5 puntos, gracias ó bo xogo de ataque cesureño diante da defensa individual dos vilagarciáns, con Pino anotando no poste (9 puntos ccase consecutivos) e un poderoso Pepi rompendo dende o exterior. Os vilagarciáns anotaban con lanzamentos dende o exterior, pero perdían varios balóns que lles costaba ir por detrás.
No 2º cuarto, co BBC metido nunha zona, 2 ?? 3 o Extrugasa segui xogando cómodo, e ademais seguia defendendo forte, e sacando Felipe o contraataque en varias ocasións (6 puntos seguidos (min 15: 27 ?? 20). Apareceu un renqueante Peñaño, que viña dunha lesión de 3 semanas da que non está recuperado, e con 2 triplas suas e outra de Pepi o Extrugasa remata a primeira metade 40-33.
A saida do 3º cuarto foi boa para os locais, pois un parcial facil de 6 ?? 0 en minuto e mediio pabría un oco importante por primeira vez no marcador: 46 ??33, pero os do BBC, cambiarona defensa e empezaron a presionar mais a toda pista, e ahí o Extrugasa perdeu varios balóns que foron decisivos, pois eran contraataques para os de Vilagarcía que se achegaro de novo (min 24: 46 ?? 40). Gulli con 2 triplas seguidas mantiña a diferencia e 6- 9 puntos, pero unha ultima tripla dos vilagarcians deixaron o marcador en 58 ?? 53.
Con Peñaño agotado, que se ten que ir ó banco, volta de novo a presión dos vilagarciáns, que logra parar o ritmo de puntos locais (só anotaría 9 neste cuarto, por 15 os do BBC). Pino erra varias canastas debaixo do taboleiro, e tan só Pepi é o que ve aro (7 puntos). O BBC chega 3 abaixo quedando 45 segundos, ahí anota 1 tiro libre e erra outro. O Extrugasa falla, por medio de Pino, un tiro facil a 1 metro do aro. No seguinte ataque nova falta dos locais e o BBC que volta a anotar un só lanzamento (67 ?? 66). Quedan 25 segundos (24 de posesión para os locais). O BBC que presiona e o Extrugasa que soga ben ás ??4 esquinas? , ata que quedando 10 segundos Gulli querelle pasar o balón a Pino, quen o perde por non cegar. Os do BBC sacan un contrataque, e cunha entrada anotan quedado 2 segundos. Tempo morto local para sacar dende medio campo e gulli recibe pero erra o seu lanzamento de 3 puntos.