Liga Feminina Ulla-Umia de Dardos: O «Txucuru» e o «Carabela» en 5ª e 10ª posición, respectivamente.

CLASIFICACI?N:

table(tabla).
| Posto | Equipo | Ptos | J | G | E | P | Cs |
| 1 | Bouzón | 2 | 6 | 2 | 2 | 0 | 35 |
| 2 | BB3 | 6 | 2 | 2 | 0 | 0 | 35 |
| 3 | Frenazo | 6 | 2 | 2 | 0 | 0 | 30 |
| 4 | Dimensión | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 |
| 5 | Txucuru | 3 | 1 | 1 | 0 | 0 | 14 |
| 6 | Casa Pérez | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 11 |
| 7 | Rancho Caf. | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 0 |
| 8 | Baltasar | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 22 |
| 9 | Pirata | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 20 |
| 10 | Carabela | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 11 |
| 11 | Bouzón | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 15 |

Andrés Quintá: «O Extrugasa pon a Vilagarcía e ó baloncesto feminino no mapa dos mellores de Europa»

Andrés Quintá é o máximo responsable de que Vilagarcía e a comarca estean representadas na competición europea mediante o Extrugasa. O presidente e patrocinador do clube apostou moi forte polo baloncesto feminino e agora está recollendo os froitos a modo de éxitos, tanto na competición nacional coma na internacional. O presidente disfrutou onte coa primeira vitoria do equipo na Eurocup e resaltou a capacidade de traballo das xogadoras para «superar a un rival do que non se esperaba tanto». Quintá considera que o Extrugasa está «situando a Vilagarcía e ó baloncesto feminino no mapa dos mellores de Europa e destaca o feito de que a cidade arousana represente a Galicia no continente».

(más…)

A Deputación entregou uns obsequios ós xogadores do Extrugasa Río Ulla.

O sábado pasado día 10 de novembro, o 1º tenente de alcalde de Pontecesures, Rafael Randulfe e o concelleiro de deportes, Javier Quintá, entregaron no pavillón municipal unas mochilas-bandoleiras os nenos do equipo alevín de baloncesto do Extrugasa Río Ulla como obsequio da Deputación Provincial de Pontevedra.
No futuro, entregaranse estas mochilas-bandoleiras ós integrantes dos outros equipos deste club de baloncesto.

HORARIOS DOS PARTIDOS NA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS DO EXTRUGASA RIO ULLA

Esta fin de semna vanse xogar os seguintes partidos:

Senior: Sábado as 19.30 h. no polideportivo de Pontecesures contra o Portonovo.

Cadete masculino: Sabado as 10.30 en Pontecesures, contra o Xuven de Cambados.

Infantil Masculino: Domingo as 18.30 h. en Vilagarcia contra o Liceo.

Alevin Masculino: Sábado as 12.30 h. en Cambados contra o Xuven.

Alevin femenino: Sábado as 12.30 h. en Pontecesures, contra Marín Peixe Galego «c».

100_8002-web.JPG

 Equipo Cadete Masculino 2007-08

Acta da selección do monitor de piragüismo.

En Pontecesures, a 12 de novembro de 2007, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de monitor de piragüismo, formado pola Secretaria do Concello, Dª Mª Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, o administrativo D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
Vista a documentación achegada polos dous aspirantes, para a súa baremación, este tribunal entende que á vista dos méritos e experiencia que acreditan ámbolos dous candidatos, o candidato máis idóneo para o posto de monitor de piragüismo e: D. Vicente Jesús Acuña Vecino, polo que propoñemos que sexa a persoa seleccionada.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asinado: Mª Trinidad Rodríguez Suárez, Ricardo Campos Saborido e José Rodríguez Fructuoso.

Contestación dos concelleiros non adscritos ó Sr. Alvarez Angueira sobre subvencións deportivas.

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.

Despois de denunciar a perda dunha subvención de 3.000 ? para instalar un pequeno pantalán no peirao en 2006 para facilitar ó acceso dos piragüistas do Club Náutico ó río Ulla, e que en 2007 non se solicitaron subvencións ó abeiro da orde que convocaban axudas para os concellos en materia de instalacións deportivas, o alcalde anterior, Sr. Alvarez Angueira, arremete contra nós cualificándonos de incompetentes e ineptos.

(más…)