Pontecesures C.F. Tempada 2007-2008

O Pontecesures CF abre o prazo de inscrición para tódolos rapaces que estean interesados.

Categoría cadete: Nados nos anos 1992 e 1993.
Categoría infantil: Nados nos anos 1994 e 1995.
Categoría alevín: Nados nos anos 1996 e 1997.
Categoría benxamín: Nados nos anos 1998, 1999, 2000 e 2001.

Adestramentos no Campo Municipal «Ramón Diéguez» en agosto.
Cadetes: Martes e xoves de 10,30 a 11,30 horas.
Infantís: Martes e xoves de 11,30 a 12,30 horas.
Alevíns e Benxamíns: Venres de 11,30 a 12,30 horas

Torneo de fútbol playa en la desembocadura del Sar-Ulla.

La confluencia de los ríos Sar y Ulla es el escenario escogido por quinto año consecutivo para albergar el torneo de fútbol playa Concello de Padrón, que se celebrará el próximo sábado, día 18. Según las reglas del juego, hechas públicas por el departamento de Deportes, cada equipo no podrá contar con menos de cinco jugadores ni tener más de doce miembros. Además, los integrantes deberán lucir la misma camiseta, para distinguirse en el campo de juego.

Cada partido se jugará en dos tiempos de 12 minutos cada uno, con tres minutos de descanso (excepto la fase final que será de 20 minutos y que se disputará en un único enfrentamiento directo).

En la fase clasificatoria de grupos, por cada partido ganado, el vencedor sumará tres puntos y el perdedor cero. En caso de empate, cada formación sumará un punto.

La organización destinará a este torneo cuatro trofeos para los primeros clasificados de cada categoría, y habrá regalos de participación y bebidas para todos.

Las inscripciones podrán realizarse hasta el día 16 a las 12.00 horas en el centro social o en los teléfonos 981 811 329 ó 696 567 317.

TIERRAS DE SANTIAGO, 14/08/07

Barállase a posibilidade de que David Meca tente percorrer a nado a ruta do Apóstolo dende Fisterra ata Padrón.

Onte en Perbes, coa presenza deste nadador de fondo e protagonista do programa «Mira quién baila» que cruzou o Canle da Mancha, chegou a illa de Alcatraz a nado coas pernas suxeitas, fixo a travesía polo mediterráneo ata Eibissa, etc.., o productor Besteiro ofreceulle a Meca o reto de percorrer a nado a distancia entre Fisterra e Padrón, segundo se informa hoxe en «El Correo Gallego».

De confirmarse esta nova, sería un espectáculo ver chegar ó nadador tragamillas polo río Ulla ata a Cesures e a Ponte. Habería moitísimo público, seguro.

Nacho anuncia a súa retirada do Basket

Logo de dezasete anos xogando e defendendo as cores do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures, Nacho, sen dúbida o mellor pivot que xogou no equipo de Fruki, anunciou a súa retirada definitiva o pasado domingo. Segundo manifestou, deixa o baloncesto por motivos laborais e persoais. Xa lle foi complicado xogar e entrenar con frecuncia a pasada tempada, pero sempre que podía estaba apoiando os seus compañeiros e amigos. Cando Jhon Pino anunciou o seu retorno ao C.B Pontecesures, Nacho, vendo que o posto de pivot quedaba ben cuberto por Pino e Arturo, decidiu «colga-la» camiseta.

tres-destrosados.jpg

Nacho da a alterniva a Jhon Pino

Agora, unha vez confirmado por él mesmo a súa retirada, e logo de defender, xogar, e sentar cátedra como xogador e sobre todo, como persoa, se merecería unha sentida e emocionada homenaxe. De momento, e a pesar de que antes de ser oficial, Fruki xa o sabía persoalmente por Nacho, non se sabe nada, nin se escoita nada de homenaxes por parte da xunta directiva do clube, comandada polo eterno Fruki. Esperemos que Fruki esta vez ande rapido e se encomende a facer canto antes unha homenaxe merecidísima a un xogador que xogou en Cesures por non deixar «tirados» os seus amigos de sempre, a pesar de que tiña calidade para xogar nunha liga superior.

Dentro dun mes comeza a pretempada do Extrugasa Rio Ulla de Pontecesures. Esperemos que Rodriguez Fructuoso e a súa directiva preparen algún partido no que Nacho se poida despedir dos seus amigos de equipo e dos seus amigos de grada de sempre. Pero iso xa non depende de nos.

Dende aquí, *Gracias Nacho*.