O EQUIPO DE FUTBITO DO PONTECESURES C. F. EMPATOU NO SEU PARTIDO DO PASADO SÁBADO

Xogou dito encontro en Teixeiro (A Coruña), finalizando cun resultado de empate a 4 no marcador. Importante foi a intervención do porteiro, que se convirteu no «salvador» dese punto ó parar unha falta feita ó mellor xogador dos locais, sinalada como «penalti-dobre» cando faltaban uns segundos no marcador. O porteiro cesureño detivo o lanzamento desa falta e mantivo o empate.
Este é o 2º empate consecutivo que acadan, e con este encontro finaliza a primeira volta da liga na que participan. Agora este fin de semana é de parón, e o seguinte comenzana a 2ª volta enfrentándose ó Boiro a domicilio.

La Dirección Xeral para o Deporte dotará de césped artificial al campo de fútbol

La Dirección Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia acometerá la colocación de césped artificial en el campo de fútbol municipal de Pontecesures, para lo cual firmará un convenio con el Ayuntamiento. Técnicos de este departamento autonómico visitaron esta semana las instalaciones deportivas junto con el alcalde, Luis Álvarez Angueira, para realizar las «observacións e medicións» necesarias para la redacción del proyecto de instalación de hierba artificial, que será financiado íntegramente por la Xunta.
(más…)

Horarios dos partidos do C. B. Río Ulla o sabado 13 de Xaneiro

p(centrado). basket1.jpg

Logo do parón polas Festas do Nadal, este son os horaios dos distintos equipos do club, para esta vindeira fin de semana:

p(leyenda). Senior

p(sangrado). Pabellón de Pontecesures. Xogan contra A Estrada o Sábado as 19.30 h

p(leyenda). Cadete femenino

p(sangrado). Pabellón de Pontecesures. Sábado ás 10.30h. Xogan contra cambados.

p(leyenda). Alevíns

p(sangrado). Xogan en Pontcesures o sábado ás 12.30 h. contra o Grove «B».

p(leyenda). Xuvenil Masculino

p(sangrado). Xogan en Vilagarcía o sábado as 16.30h. contra o Liceo Casino.

O EXTRUGASA RIO ULLA DESPIDE O ANO CUNHA VICTORIA

O equipo senior do Extrugasa Rio Ulla xogou hoxe, sábado 30, un encontro que tiña aprazado en A Lama, cerca de Pontevedra. Foi un partido marcado pola igualdade nos primeiros 20 minutos, pois ambos equipos se alternaban no marcador (12 – 10 para os locais ó final do 1º cuarto, e empates a 27 no descanso), pero que no 3º cuarto cambiou ó coller o Extrugasa unha primeira diferencia de 8 puntos (min 27: 35 – 43) gracias ´a velocidade de Roberto «Felino». Nos últimos minutos do cuarto e ó primcipio do ultimos reacconaron os locais poñéndose a 2 (min 32: 42 – 44), pero de novo Felipe (mellor xogador do equipo neste encontro con 20 puntos), mais 5 puntos de Pedro e 7 de Pepi (o seu mellor partido no que levamos de temporada con 15 puntos), nos ultimos minutos puxeron o definitivo 51 – 60.

O Extrugasa finalizou a primeira volta de 4º, lamentando ter perdidos 2 encontros na casa de pouca diferencia (contra Portas por 3, e con Pub A Leria de 4) que os hebría posto mais perto da cabeza da liga. A clasificación, á falta de disputarse 3 partidos aprazados entre outros equipos é a seguinte:

1º.- PUB A LERIA de CAMBADOS: 9 partidos — 8 gañados – 1 perdido — 17 puntos

2º.- ARXIL de PONTEVEDRA: 8 partidos — 7 xogados — 1 perdido — 15 puntos

3º.- EL DOCE POMARCO de PORTAS: 9 partidos — 6 gañados — 3 perdidos — 15 pts.

4º.- EXTRUGASA RIO ULLA: 9 partidos — 4 gañados — 5 perdidos — 13 puntos

5º.- LICEO CASINO de PONTEVEDRA: 8 partidos — 5 gañados — 3 perdidos — 13 puntos

6º.- BASKETDEZA de LALÍN: 9 partidos — 4 gaññados — 5 perdidos — 13 puntos

7º.- PUB FARO de A ESTRADA: 9 xogados — 3 gañados — 6 perdidos — 12 puntos

8º.- CAFETERIA DON MANUEL de CUNTIS: 7 partidos – 2 gañados – 5 perdidos – 9 pts.

9º.- A LAMA: 8 partidos — 2 gañados — 6 perdidos — 10 puntos

10º.- BALONCESTO PORTONOVO: 8 partidos — 1 gañado — 7 perdidos — 9 puntos.

Dende o club queremos desexar un Feliz 2007 ós nosos xogadores/as, e a todos os aficionados en xeral, e que o vindeiro ano veña cargado de éxitos deportivos, tanto para o noso club, coma para os demais de Pontecesures.

O PONTECESURES C. F. ORGANIZA UN TORNEO DE NADAL PARA OS SEUS EQUIPOS DE BASE

Este vindeiro xoves 28 de decembro (dis dos Santos Inocentes, ¿casualidade Pichi? ) O Pontecesures C. F. organiza un torneo de futbol sa polo Nadal, durante toda a tarde. Empezan arredor das 4 da tarde a xogar os cadetes (14 e 15 anos). Logo sobre as 5 os infantís (13 e 12 anos). As 6 os alevíns (11 e 10 anos), ás 7 os benxamins (9 e 8 anos) e pecharán os mais pequenos este torneo, os prebenxamíns (7 e 6 anos). Os rivais son equipos do Cordeiro C. F. se non hai novidade de última hora, e todos os participantes terán unha mais que merecida merenda, así como trofeos de recordo, nun torneo no que colabora o Concello de Pontecesures.
Esperase gran afluencia de público, invitando dende aqui a quen queira subir ó pabillónnon se corte, pois a entrada é gratuita.