Chus Abalo xa é Doutor pola U.S.C. (Universidá De Santiajo D Compostela)

Pois si,  xente, por increible que parezca, e tal e coma contei onte, o noso conveciño Xesus Abalo xa é DOUTOR en bioloxía pola Universidade de Santiago. Ahi o tedes de corbata e todo, feito un señor.

chus-01.jpg

¡Nada mais e nada menos que un SOBRESAINTE CUM LAUDE levou o rapas! Coma xa contara a tese ia sobre as dificultades para reproducirses lampreas en cautividade (as do rio, mal pensados), e o tribunal considerou que o traballo merecia a nota máxima, polo que podemos decir que algo interesante debeu de contarlles os do «mundo científico» (ese mundo para o que Gulli sempre di que está a traballar toda a semana, que di que é o único que fai por levantar o pais, que senon fose por él esto estaría afundido).

Pois iso, que hoxe a familia e os amijos, tanto os da aldea coma os da ciudá nos axuntamos no Xirimbao e fixemos unha comida de celebración na honra do novo doutor…

chus-grupo.jpg

Por ultimo, decir tamen que na foto familiar podemos ver á famila ó completo, incluido ó último «fichaje» o tamen cesureño Xure, todo un agente de la autoridá, guarda viril para mais señas (en mans de quen estamos Señor) e que posaron para a cámara deste «retratista».

chus-02.jpg

Agora Si… NORABOA CHUS, e coidao ca reproduccion das lampreas!!!

O cesureño Jesús «Chus» Abalo presenta hoxe a súa Tese Doctoral

O noso veciño Chus Abalo, licenciado en bioloxía, estivo preparando estes últimos anos o seu doctorado, que xira entorno ós primeiros anos de vida das lampreas, na fase larvaría nas orillas do Ulla. As aplicacións da súa tese terían que ver cas dificultades de reproduccion da lamprea en medio artificial, pois reproducir as condicions de vida das mesmas, nos anos que permanecen medrando no Ulla é complicado, xa que habería que reproducir tanto o escenario onde se crian, coma o alimento que inxiren. Na preparación da súa tese traballou con membros da universidade de Oslo, Noruega, e mantivo contactos ca zona lampreeira do Canadá, onde son pioneiros na investigación das posibilidades de acadar a reproduccion das lampreas en granxas.

De todolos xeitos, as conclusións ás que chegou na tese, as presenta hoxe, a partires das 11 da mañán na facultade de bioloxía.

Como cesureño, forma parte do Club de Baloncesto dende 1995. Sorte pois!!!

Travesía Ría de Foz

O pasado martes 25 de Xullo, día do Apóstolo, levouse a cabo travesía da ría de Foz cun percorrido total de 14 km para as categorías cadete, xuvenil e senior. O club Náutico acudiu con 8 palistas. Estes foron os resultados acadados:

* Jose Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 10º posto
* Marcos Barreiro: C1 senior: 4º posto
* Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 3º posto
* André Oliveira/Cristian Barreiro: C2 cadete: 2º posto
* Adrián Vicente: C1 cadete: 4º posto
* Clasificación por clubs: 9º posto

A próxima competición para estas categorías será este vindeiro sábado ca disputa do Campionato Galego de Pista para a categoría senior.

Trofeo Traxamar (Serra de Outes)

O pasado domingo levouse a cabo a travesía de Outes cun percorrido total de 14 km. con saida na praia de Broña e chegada a PonteNafonso en Outes. O Náutico acudiu cun total de 10 palistas. Estes foron os resultados acadados:

* José Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 13º posto
* Marcos Barreiro/Iván Figueira: C2 senior: 2º posto
* Pablo Riaño/Carlos Castro: C2 xuvenil: 6º posto
* Marcos Pesado: C1 xuvenil: C2 xuvenil: 6º posto
* Adrián Vicente/Cristian Barreiro: C2 cadete: 2º posto
* André Oliveira: C1 cadete: 1º posto
* Clasificación por clubs: 9º posto

5ª regata infantís e 2ª alevíns (Serra de Outes)

O pasado sábado día 22 levouse a cabo a 5ª regata de infantís e 2ªde alevins de carácter autonómico na serra de Outes. O club Náutico desprazou un total de 30 deportistas, conseguindo os seguintes resultados:

* Marcos Cascallar: K1 alevin A: 16º posto
* Rodrigo Quintáns: K1 alevin A: 64º posto
* Kevin Fontenla: K1 alevin A: 43º posto
* Fabio Raris: K1 alevin A: 49º posto
* Xesus Bouzón: K1 alevin A: 65º posto
* Jorge Riveiro: K1 alevin B: 3º posto
* Lucas Hermo: K1 alevin B: 11º posto
* Borja Fandiño: K1 alevin B: 44º posto
* Cesar Pardal: K1 alevin B: 33º posto
* Angel Bouzón: K1 alevin C: 19º posto
* Yago Llerena: K1 alevin C: 45º posto
* Jacobo Souto: K1 alevin C: 46º posto
* Borja Lorenzo: K1 alevin C: 37º posto
* Diana Rey: K1 alevin A: 24º posto
* Clara Rodríguez: K1 alevin A: 33ºposto
* Idoia Lorenzo: K1 alevin A: 32º posto
* Nuria Rio: K1 infantil B: fora de control
* Samuel Vazquez: K1 infantil B: 8º posto
* Ismael Llerena: K1 infantil B: 21º posto
* Pablo Riveiro: K1 infantil B: 28º posto
* Victor Sanchez: K1 infantil B: 76º posto
* Miguel Portas: K1 infantil B: 85º posto
* Lacy Lilibeth: K1 infantil A: 38º posto
* Catuxa Magariños: K1 infantil A: 49º posto
* Alvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
* Cayetano Caldelas: C1 infantil A destro: fora de control
* Ivan Pesado: C1 infantil A zurdo: 11º posto
* Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 6º posto
* Adrian Oliveira: K1 infantil A: 74º posto
* Alex Gonzalez: K1 infantil A: 84º posto

Clasificación por clubs: 9º posto

A raíz destes resultados Samuel Vázquez foi convocado pola federación galega de piragüismo para realizar unha concentración que se levou a cabo este luns e martes pasado. Asemesmo Álvaro Loureiro foi convocado pola federación española para realizar outra concentración a vindeira semá.

A próxima competición para o Náutico será este vindeiro domingo ca disputa da 5ª regata nacional de promoción no embalse de Ricobayo en Villalcampo (Zamora).

El As Torres gana con autoridad la regata de Promoción de Outes

Clasificación: 1.º As Torres Romería Vikinga, 6.045 puntos; 2.º Portonovo, 5.349; 3.º Kayak Tudense, 4.385; 4.º Náutico Firrete, 4.197; 5.º Breogán Outón Xunqueiriña, 3.955; 9.º Náutico Pontecesures, 2.454; 13.º Illa de Arousa, 2.110; 15.º Náutico O Muíño, 1.977; 18.º Piragüismo Cambados, 1.668; 22.º Liceo Casino Vilagarcía, 1.237; 37.º Altruán de Ribadeo, 10 puntos.

(más…)