O domingo día 11 levouse a cabo a terceira das seis regatas nacionais de promoción. Esta disputouse na ría de Áviles en Asturias. O Náutico desprazouse cun total de sete palistas das categorías infantis A e B, tanto na modalidade de kayak como canoa.
Cabe resaltar a grande proba realizada por Álvaro Loureiro canoa infantil A donde se proclamou vencedor absoluto da proba, sendo a gran promesa infantil do Náutico nestes momentos. Con este triunfo Álvaro xa suma a súa terceira victoria absoluta da tempada xunto as de Pontevedra e Aldán.
Os demais deportistas tamén realizaron un boa actuación, estes foron os resultados acadados:
? Samuel Vázquez: K1 infantil B: 17º posto
? Ismael Llerena: K1 infantil B: 89º posto
? Pablo Riveiro: K1 infantil B: 97º posto
? Alex González: K1 infantil A: descalificado
? Iván Pesado: C1 infantil A zurdo: 12º posto
? Javier Bernal: C1 infantil A zurdo: 8º posto
? Álvaro Loureiro: C1 infantil A destro: 1º posto
? Clasificación por clubs: 27º posto
Na seccion fotografías podedes ver fotos desta competición.
A próxima cita de promoción será o día 24 de xuño ca disputa da 4ª regata de promoción de Galicia para infantis e 1ª para alevins no Grove.