IIª EDICION DO 3×3 BASKET NA RUA: CASE 100 PARTICIPANTES REPARTIDOS EN 24 EQUIPOS DIRONLLE VISTOSIDADE ? TORNEO

Organizado polo Club Baloncesto Rio Ulla , celebrouse por 2º ano consecutivo este espectacular torneo de baloncesto, que sirve para dar inicio a unha nova temporada baloncestística.

Finalmente foron 3 os equipos que participaron neste torneo de na categoria A (Minibasket), 6 na categoria B (Cadete), e 15 equipos na categoria C (Senior).

Na categoría A (minibasket), habilitoúselle un campo nun lateral da igrexa, onde os 3 equipos participantes estiveron xogando unha liguilla que determinou que o gañador foio equipo dos «Allstars»

Os nenos/as dos 3 equipos participantes no momento de recoller os regalos.

Na categoria B, os 6 equipos, dos cales 3 viñeron dende Marín, disputaron pola mañá unha liguilla repartidos en 2 grupos. Xa pola tarde disputaron as semifinais, clasificandose para a final os equipos «Dora exploradora» e «Chicago me limpio». Final gañada contundentemente polos xogadores do «Dora Exploradora»

Os 2 equipos finalistas logo de recoller os seus premios. (Foto de Carlos Parada).

Na categoria C, onde dicíamos que participaron 15 equipos, destacando a presenza de 3 equipos chegados dende Vilagarcia, 1 de Valga e 1 de Dodro, disputouse o campeonato ó longo de toda a tarde, clasificándose finalmente para a final os «Golden boys», frente ó «san Roque», equipo de Vilagarcía, gañando a final os primeiros, que revalidan o título conseguido o ano pasado.

Os 2 equipos clasificados para disputar a final posaron xuntos antes de xogala. Vemos ós «Golden Boys» de negro, e ós arousans «San Roque» de amarelo.

O equipo gañador dos «Golden Boys».

Por último agradecer o apoio das casas comerciais que colaboraron no torneo:

– COCACOLA que nos serviu a bebida para todo o campionato.

– CASA CHAVES, que colaborou doando 1 cea para o equipo gañador dos maiores.

– XOIERIA RIVEIRO, que proporcionou medallas para os equipos gañadores das 3 categorias.

Asimesmo, houbo durante todo o día unha venta de rifas para o sorteo duns regalos obsequio de distintas casas comerciais do pobo.

COMERCIAL MONCHO cedeunos unha batidora, entregada ó gañador do sorteo.

ELECTR?NICA COUSELO donou un mp4 que se foi para Valga.

BELBELLITA REGALOS E AGASALLOS posibilitou que sorteáramos este polo de vestir, que se foi para Marín.

INFOSERVI regaló una minicamara de video, que le tocó a un participante de Marín.

DEPORTES PODIO regalounos este balon, e dende o club xestionamos que o firmaran os xogadores e corpo técnico do OBRADOIRO de Santiago de Compostela, que milita na ACB.

Por último queremos dende a directiva do club resaltar a boa convivencia ó longo do dia, e a deportividade existente ó longo do campionato.

Tamén agradecer a colaboración desinteresada a un grupo de voluntarios/as que posibilitaron que esto se levase a cabo.

E aproveitamos para destacar a colaboración do Concello de Pontecesures para a realización desde evento que, nas 2 edicións levadas a cabo gustou entre os praacticantes do basket local e comarcal.