Ás 15:30, coma tódolos sábados, saiuse do clube náutico coa intención de ascender, esta vez, A Cabana. Padrón e Rois foron lugares de paso antes de iniciar a ascensión á Cabana. A Cabana está situada nun monte entre os concellos de Rois e Padrón. Este monte ten a caracteristica de que ofrece ao ciclista moitas alternativas para pasar unha boa tarde de bicicleta. Pódese «pistear» se se quere facer unha ruta tranquila, suave e fácil ou facer rutas máis «trialeras». Esto ultimo foi o escollido.
Unha vez iniciada a ascensión, ritmos diferentes, pedaleos distintos, caras desiguais… pero ao final risas e bo humor cando todos, unha vez arriba, nos xuntamos para facer a correspondente foto de rigor.
O mellor sabiamos e intuíamos, estaba por chegar. As seguintes dúas horas foron espectaculares. Sendeiros, camiños de pedra, regatos… fixeron que o descenso fora algo no que todo mundo disfrutou. Incluso tamén cando chegou a noite, a pesar de que ao final xa non viamos pedras, intuíamos pedras no camiño.
Debido a que a noite xa era pechada, o grupo partiuse e sobre as 7:30 da tarde, chegamos ao noso punto de partida, ao clube náutico. Descoñezo a esta hora se o resto grupo chegou xa, pero coñecendo ao Moroko, que rodaba con eles, supoño que si chegarían… ou non.
O próximo domingo 11 de decembro está previsto realizar a ruta da auga de Armenteira. Dende o CCPONTECESURES queremos invitar a tódolos afeccionados que así o desexen, a acompañarnos nesta saída.