Deportes
JUAN SABORIDO «NENO» IMPONSE EN FERROL
O ciclista cesureño, Juan Saborido «Neno», impúxose este domingo no 5º Trofeo de Ciclocroos de Ferrol na que era a 3ª proba da Copa Galícia de Ciclocroos logo dunha carreira moi igualada onde a experiencia do cesureño, que corre na categoria de mais nível da copa Galícia, a master 40, resultou decisiva.
Unha magoa a avería na primeira proba da tempada en Marín cando lideraba a carreira, pois ca victoria do domingo e o 4° posto na 2ª proba da Copa celebrada no Valle de Esmelle, tamén en Ferrol, estaría entre os mellores da xeral da Copa Galícia, xeral por suposto que non está descartada pois restan todavía 13 carreiras.
Sinalar tamén o bo papel de Pepe Barreiro «Picafolla», lembremos top 10 en varios campeonatos de España, que tras unha mala saída, tivo que remontar e correr a remolque toda a carreira e que dou entrado entre os 20 primeiros nunha carreira na que participan 70 ciclistas.
Por outra banda dicir que rematou a tempada de carretera ca proba organazida polo Club Ciclista Padronés onde J. Luis Liñares «Gulli» quedou a nada do podium ao rematar na 4ª posición.