FUTBOL SA: O PONTECESURES C.F. ACADOU NA TARDE DE ONTE A SUA 1ª VICTORIA

No partido celebrado na tarde de onte en Pontecesures o equipo cesureño impúxose por un apretado 6 – 5 ó seu rival, o Poio F.S.

 O partido foi moi igualado. Chegouse ós 10 ultimos minutos cun resultado de 5 a 4 para o noso equipo. O Poio, con xente veterana, botouse arriba polo empate, que o logrou a falta de 4 minutos. Pero un penalti gol convertido polo Pontecesures C.F. cando quedaba minuto e medio puxo o definitivo 6 a 5 no marcador.

Merecian acadar esta 1ª victoria os xogadores de Marcos «Pichi», para seguir competindo con máis ánimos se cabe, e poder acadar o obxetivo da permanencia nesta liga autonómica no seu grupo sur, xa que poden descender ata 5 equipos.

O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA XOGA MA?Á SABADO NA CASA

Mañá sábado, ás 17 h. no polideportivo cesureño, o equipo do Pontecesures C.F. vai xogar o seu 3º partido da liga autonómica sur,  formada por equipos de Pontevedra e Ourense, logo do ascenso a esta categoria tras acadar o título da liga provincial hai uns meses. O rival de mañá é o equipo «As Pedriñas».

O equipo ten pendente xogar o partido da 1ª xornada, pola voda do seu adestrador Pichi, e nos outros 2 partidos disputados, levan unha derrota por 3 a 8 na casa, mentras que hai unha semán acadaron un empate a 6.

E de esperar que pouco a pouco o equipo vaia logrando victorias e sumando puntos nesta liga que é máis exixente que a da pasada tempada.

Así que mañá ás 5 da tarde teñen unha boa oportunidade para acadar a victoria.

OS ALEVÍNS DO PONTECESURES C.F. PASAN A PREVIA DO TORNEO DE BOIRO, E SE VAN ENFRENTAR ? SPORTING DE XIX?N.

Esta pasada fin de semán os alevíns do Pontecesures C.F. disputaron a previa un bo torneo que se organiza en Boiro, en concreto en Abanqueiro. Os nosos rapaces foron superando a equipos rivais coma o Unión de Rianxo, o Aguiño de Ribeira, o Lesende de Noia, e finalmente derrotaron, na quenda de penaltis, ó Crocho de Boiro.

Esto permitiulles clasificarse para a fase final deste torneo, que se celebra entre este sábado e domingo. Os nosos rapaces van ter que xogar contra o Abanqueiro A de Boiro, o Coruxo de Vigo, e os alevíns do Sporting de Xixón, que son unha das canteiras mais importantes de España nestas idades tan tempranas.

Todo un premio este novo logro dos chicos de Marcos «Pichi», para ir despedindo a tempada 2010-11.

Por fru, hace

BALONCESTO: IMPORTANTE FIN DE SEMAN PARA OS EQUIPOS DO CLUB QUE LOITAN POLAS COPAS

Seniors: Os seniors xogan mañá as 12.30 en Vilagarcia contra o BBC a ida da semifinal copeira Arousana. A volta será a vindeira semán en Pontecesures. Preséntase unha eliminatoria aberta, e mañá tratarán de traer o mellor resultado posible.

Xuniors: O noso equipo xuvenil está a 1 partido de clasificarse para a súa final copeira. Gañou en Pontevedra por 6 puntos ó BB Pontevedra, e esta tarde a partir das 19.30 h. xoga en Pontecesures para alcanzar esa final. Unha victoria, ou incluso unha derrota por 5 ou menos puntos serviríalle pra alcanzar a final.

Infantil feminino: Mañá a partir das 12 da mañá xogan o partido de volta de semifinais de copa Galicia  en Ourense, ante o Pabellon Ourense. Os 17 puntos de renda logrados en Pontecesures poden servirlle para chegar á gran final galega.

Cadete feminino: Xogan o ultimo partido da liguilla provincial da súa copa, con escasas opcións de chegar á final, logo de car derrotadas polo Canteiras de Porriño. Mañá desprazanse a Vigo, a xogar contra o colexio Los Sauces, a partir das 12.15 h.

Benxamins: Xogan hoxe un torneo en Pontevedra, contra outros 3 equipos. Este torneo está organizado polo BB Pontevedra, e serve para que os chavales sigan xogando partidos, antes de pechar a súa tempada.

Por fru, hace