O PONTECESURES PROCLAMOUSE CAMPION DE LIGA ALEVIN F-7

Acaba de rematar a liga alevin (G-7 da delegacion santiaguesa), e o Pontecesures C. F., xa matematicamente campión dende hai unhas semanas, acadou unha diferenza de 9 puntos sobre o inmediato perseguidor, o Rois. Os nosos nenos fixeron 32 puntos, nada menos que 10 victorias e 2 empates en 12 partidos xogados. Todo un éxito para este grupo adestrado por Marcos Pichi.

Agora toca esperar o sorteo da Federación Galega de Futbol, para saber o rival da Copa Galicia. Dito sorteo será nestes días, e en breve coñcerase ó rival. A Copa Galicia consta de varias eliminatorias a ida e volta.

Forman o equipo Fran e Jacobo coma porteiros; Santi, Ruben, Borja e Fernando coma defensas; Kanu, Manu, samuel, Aharon e Daniel coma medios; e Isma, Alvaro e Ethan coma dianteiros. Reforzaron o plantel os benxamins Michael e Lois.

Por fru, hace

O PONTECESURES C.F. DA CATEGORIA ALEVÍN P?DESE PROCLAMAR CAMPI?N DA S?A LIGA

 

O equipo xoga este domingo dia 27 ás 12 da mañá (ollo que hai cambio de hora) no campo municipal Ramón Dieguez de Pontecesures contra o Cacheiras. Quedan 3 partidos, pero en caso de gañar xa serían campións e disputarian a fase de liga galega. Para elo, queren gañar este domingo, a un rival que está pola metade da taboa clasificatoria.

Este grupo de alevíns foi subcampión o ano pasado, polo que esta xeración de futbolistas ten outra oportunidade de acadar o título alevín. Seu adestrador Marcos «Pichi» fai un chamamento para que os demais xogadores do club, asi coma pais, familiares e afeccionados en xeral, suban este domingo a animar ós rapaces.