?ltimo partido do ano do Pontecesures C.F.

Estimados amigos/as:

Quero facer un comunicado sobre o noso equipo de futbol sala de pontecesures.

Este sabado na nosa localidade o noso equipo de futbol sala vai xogar o seu ultimo partido de este ano tan irregular por no decir malo (pero antetodo con moito respecto e aprecio a eses xovenes que estan facendo o posible x gañar).

QUERO E DESEXO QUE AXENTE DO NOSO POBO ASISTA A ESTE CITADO ENCONTRO QUE SE DISPUTARA AS 19:30 NO PABILLON DEPORTIDO DE PONTECESURES.

(CHAMADO DESDE O DIA 23/12/06 A BOMBONERA X QUE SEI QUE NON VAN GA?ARNOS NI _) ANIMO RAPACES QUE VADES GA?AR MOITOS PARTIDOS.

FIRMA O TIK-TAK

Sábado ás 5 da tarde: Partido de futbito

p(centrado). pontecesures-c-f.jpg

O Pontecesures C. F. volta a xogar na casa, ante o Monfero, mañá sabado as 17 h. Logo de 6 partidos o equipo inda non sumou puntos, pero mañán teñen unha nova oportunidade para conseguilo. E elo, tralo varapao que supuxo o resultada da pasada fin de semana (perderon na casa 2 – 3 contra Noia), pois quedando 5 minutos ian gañando os de Pontecesures por 2 a 1. Pero a ansiedade por acadar os primeiros puntos levou ós rapaces de Marcos «pichi» a cometer erros defensivos que lle costaron encaixar 2 goles e caer derrotados ó final, de xeito doloroso.

De todolos xeitos, o mister «Pichi» recoñece que vai notando coma o xogadores van mellorando, e collendolle o ritmo a unha liga completamente descoñecida para eles.

Sorte mañán, e animo. 

MA?A XOGA O PONTECESURES C. F. NO POLIDEPORTIVO DE PONTECESURES

futbol.jpgNesta 4ª xornada da liga de futbol sa o equipo de Pontecesures tocáballe de desprazarse ata Noia, pero problemas de dispoñibilidade de pista no polideportivo por parte dos noieses fixo que as 2 directivas chegasen a un acordo para cambiar a orden dos seus encontros, xogando en Pontecesures maña, e o partido da 2ª volta celebrándose en Noia, cando toque no calendario. Así, dase a circunstancia de que o eqipo cesureño vai xogar 3 encontros seguidos en Pontecesures, o da semana pasada e o da próxima semana, mais este de mañá sabado. 

O outro dia non foron quen de gañar, pois caeron po 1 a 5. Esperemos que nestes 2 próximos partidos logren sumar algún punto para coller moral.

O HORARIO DO PARTIDO DE MA??N SÁBADO ? AS 16.30 POR PETICI?N DOS NOIESES.

O equipo de futbol sá do Pontecesures C.F. Non puntuou na súa visita á Laracha

Pontecesures C.F.

Continua o equipo de futbol sá de cesureño adaptándose a esta nova competición na que acaba de comenzar a competir. Se no primeiro partido celebrado na casa perdera por un claro 1 – 4, logo de chegar ó descanso 0 -1 diante dun equipo de Boiro moito mais rodado na categoria; este pasado sábado perdeu  por 3 a 4 na súa primeira visita a domicilio faltando menos dun minuto, e cando se estaba sufindo por aguantar o empate a 3 co que se chegara ós últimos minutos do encontro. Pero cando o reloxio decía que quedaban segundos un último gol dos locais impediu acadar o premio do primeiro punto nesta competicion.

Dende aquí sorte ós rapaces de Marcos «Pichi» e citar á afección deste deporte para un novo encontro este vindeiro sábado día 3 a partires das 17 h. da tarde, para que acudan a animar en busca da primeira victoria do equipo.

Interesante xornada deportiva no pabellón

Premer para ampliar imaxe

Hoxe empezan as súas respectivas competicións ligueiras na casa tanto o novo equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. as 17 h.; coma o Extrugasa Rio Ulla de Baloncesto, a partir das 19.30 h.

O Pontecesures C. F:, ante o número reducido de xogadores do que dispoñía decidiu retirar ó equipo de fútbol da Liga de 3ª rexional e federalo nunha liga de futbol sá da propia federación. Van xogar contra outros 13 equipos de case toda Galicia, e coma descoñecen o nivel da mesma non se pode dicir realmente que aspiracións teñen, pero si que qieren facer de Pontecesures un fortín onde os equipos visitantes teñan que sufrir moito se queren gañar. O entrenador Marcos «Pichi» segue unha tempada máis ó frente do equipo.

A continuación, a partir das 19.30 h. xogan os senior do equipo de baloncesto Extrugasa Rio Ulla, o seu 2º partido ligueiro, contra o equipo de Portas «El Doce». Na pasada xornada sufriron unha derrota por 67-59 na sempre dificil cancha de A Estrada, e agora queren optar ó triunfo para recuperar posicións na taboa clasificatoria, e moral cara ós seguintes partidos

Mañán Domingo ás 12.15 horas van xogar os rapaces xuvenís do Extrugasa Rio Ulla contra os do Liceo de Vilagarcia, e pola tarde ás 17.15 h. vanno a facer as rapazas xuvenís contra o Cortegada de Carril. Ambos rivais son dous equipos superiores polo que a victoria para os nosos xóvenes deportistas vai ser dificil.

 

Os infantís do Pontecesures C. F. a un partido do ascenso á 1ª Infantil

Esta tarde o equipo de futbol infantil derrotou no campo de Santa Isabel, en Santiago ós infantís do Callobre de A Estrada, polo marcador de 1 – 0, gol anotado por Borja Lorenzo. Inda que o xogador do partido foi o dianteiro Dani Dopazo, un dos mais destacados do equipo, pola sua velocidade e loita constante, levando sempre perigo á área rival. Ademais, os do Pontecesures superon sobrepoñerse á desgraciada lesion do seu porteiro titular Martín na 1ª parte do encontro, por unha lesión na rodilla, e que non vai poder xogala final, pero ahí estivo Miguel Villanustre para defender a porteria do Pontecesures impedindo o empate dos do Callobre cando achucharon na 2ª parte.

Outro éxito do futbol cesureño, que parece rexurdir da man de Marcos «Pichi» Jamardo como adestrador dende que se fundou este club aló polo ano 2000, e que tanto esforzo e tesón leva posto cos rapaces do pobo. A estes rapaces que hoxe so infantís (12-13 anos) colleunos de pequenos, con 6 anos e os foi levando neste tempo con horas e horas de entrenamentos e partidos, pero os resultados empezanse a ver e este equipo está a 1 partido de ascender de categoria.  Cando se fan as cousas ben chegan os premijos, e ademais de xogar finais, equipos de superior categoria preguntan polos rapaces do Pontecesures, para incorporalos, porque gusta como xogan e coma veñen formados.

A gran final e que sirve para que o campeón ascenda vai ser este xoves 22 en Santa Isabel en Santiago, contra o San Pedro, equipo da cidade compostelana, que gañou a sua semifinal por un 3 – 1. 

Dende aquí creo necesario facer un chamamento para que tanto os afeccionados ó futbol coma os pais e responsables locais políticos e deportivos para que sepan estar á altura e brinden ca sua presencia o apoio e ánimo a estes rapaces que van vivir algo histórico, polo menos para eles, pero que á vez van a levar o nome de Pontecesures, e representar ó noso pobo neste evento deportivo.

¡Felicidades para os rapaces, adestrador, e directiva deste pequeno club! ¡E moita sorte para o xoves! Xa sabedes: «A por ellos…»