Na maña de hoxe enviei ao Conselleiro de Medio Ambiente o seguinte escrito:
Hoxe pola mañá, varias rúas e propiedades particulares do lugar de Porto (rúa dos Mariñeiros, rúa Calera, rúa Caldeirón, etc..) apareceron cubertas de gran cantidade de fibra de madeira, semellando una gran nevarada. Son virutas entrelazadas que crean, evidentemente, alarma nos veciños e producen un ambiente irrespirable. Os propios veciños de Porto están agora a baldear para limpar as súas propiedades.
Tanto a viruta como o polvillo proceden da fábrica de FINSA situado no termo de Padrón, na outra marxe do río Ulla.
En Pontecesures xa estamos cansos de soportar istos episodios a cotío e a nosa saúde vese afectada pola contaminación aérea dende hai tantos anos.
Esperamos a actuación inmediata de Vde. para que, dunha vez por todas, se cumpra a normativa como anunciou hai uns días nesta vila. Non se pode demorar máis a solución deste tema (os veciños xa perden a confianza nas institucións) que está a causar tantos problemas na saúde dos cesureños.
Pontecesures, 10 de abril de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de Pontecesures
SR. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE
SANTIAGO
Tamén teño coñecemento de que houbo persoal de FINSA pola mañá limpando as rúas afectadas.
Por outra banda, estas son algunhas fotos tomadas esta mañán antes de que os operarios de finsa limpiasen as rúas.
Nelas podese observar coma este polvillo cubriu todas as rúas, e ata se amontonaba nas beiras dos camiños. Os coches cando pasaban deixaban as marcas das rodas. Parecía que «nevase» na zona de Porto.