Na votación celebrada no día de hoxe no centro saiu elixida Mª Teresa Gil García, con 25 votos. Manuela Barreiro Castro obtivo 18 votos e Ana Portas Potel 9.
Deste xeito Mª Teresa repite coma representante dos pais/nais no Consello Escolar do CPI Pontecesures nesta renovación. As outras dúas son, Yolanda Vieites, en representación da ANPA, e Isabel Rey que leva dous anos no cargo.
Hoxe, votación de pais/nais para elixir un representante dos mesmos no consello escolar.
Será de 12:00 a 18:00 na biblioteca do CPI Pontecesures. Preséntase tres candidatas: Manuela Barreiro Castro, Mª Teresa Gil García e Ana Portas Potel.
Marco Vázquez e Andrés Campaña representantes dos alumnos no consello escolar do colexio.
Marco Vázquez Aido e Andrés Campaña Otero foron elixidos por votación dos alumnos/as para formar parte do Consello Escolar do CPI Pontecesures, con 38 e 23 votos, respectivamente.
Coma representante do persoal adiministrativo de servicios, resultou elixido Elías Sanmarco Enrique que foi o único candidato que se presentou.
Curso de informática para mulleres en Pontecesures.
O Concello de Pontecesures informa de que está aberto o prazo para realizar as pre-inscricións no Curso de Informática para Mulleres.
O curso que, ten unha duración de 30 horas, estará centrado no tratamento de textos e internet e será os martes e xoves de 10 a 13 horas da mañá. Ata o 1 de decembro estará aberto o prazo de inscrición.
Teñen preferencia para realizar o curso, as mulleres maiores de 35 anos.
Día internacional contra a violencia de xénero.
Mañá día 25 de novembro celébrase este día para a eliminación desta violencia.
Na Casa do Concello de Pontecesures será entregado un lazo de cor lila claro a quen o desexe para sumarse a esta campaña.
ATR?VETE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
QUE NADA TE ATE