En Pontecesures, sendo as 12 h. do día 7 de outubro de 2008, constitúese o órgano de selección para cubrir o posto de educador/a familiar do Concello de Pontecesures, formado pola secretaria do Concello, Dª Mª Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará coma presidenta, a traballadora social do Concello de Pontecesures, Dª Mª Consuelo Ordóñez Martínez que actuará coma vogal; e D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, técnico de emprego, que actuará como vogal e secretario. Este tribunal acorda o seguinte:
1-Aceptar a tódalas candidatas por reunir os requisitos requeridos nas bases da convocatoria, e que son, Dª Belén Negreira Búa, Dª Begoña Miguéns Gasamanes, Dª Susana Pérez Campos, Dª Vanessa Autrán Fernández, Dª Mª Carmen Canas Franco e Dª Tania Vázquez Bouzas.
2-Otorgar a puntuación a cada aspirante, segundo o baremo elaborado previamente coa finalidade de ter criterios obxectivos e comúns, establecendo unha lista que figura como anexo desta acta.
3-Establecer como nota para superar esta fase e pasar á entrevista a de 1.50 puntos ou máis, segundo establecen as bases desta convocatoria.
4-Convocar ás 3 persoas que superan dita nota a unha entrevista persoal, que tratará sobre aspectos relacionados con posto de educador familiar, a celebrar o vindeiro mércores 8 de outubro, a partires das 12 horas na Casa do Concello.
ANEXO
Belén Negreira Búa………………….2,30 puntos
Begoña Miguéns Gasamanes……….1,30 »
Susana Pérez Campos………………0,90 »
Vanessa Autrán Fernández…………4,40 »
Mª Carmen Canas Franco…………..0,20 »
Tania Vñazquez Bouzas…………….1,55 »
ASPIRANTES QUE PASAN Á ENTREVISTA.
1-Vanessa Autrán Fernández……..4,40
2-Belén Negreira Búa……………….2,30
3-Tania Vázquez Bouzas…………..1,55