Mediante a presente, comunícase que a cota de afiliación á esta ANPA queda fixada para este curso 2006-2007 en 7 ? por familia, mentres que o seguro escolar voluntario de accidentes queda fixado en 8 ? por alumno/a. O ingreso debe efectuarse na conta 3623 de Caixanova-Pontecesures nun prazo que remata o 15 de decembro de 2006.
Tamén se comunica que van poñerse en marcha dúas novas actividades extraescolares que son as seguintes:
* AEROMODELISMO ( a partir dos 8 anos). Os mércores a partir das 17 horas nunha aula do colexio. A data de comezo é o mércores día 8 de novembro.
* INGL?S. Os venres a partir das 17 horas nunha aula do colexio. A data de comezo é o venres día 10 de novembro.
Tamén se informa que a actividade de GAITA cambia de día e hora e pasa a ser os venres a partir das 18,30 horas nunha aula do colexio comezando este novo horario o venres 10 de novembro.
Pontecesures, 2 de novembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente