Dende o pasado mes de xuño, o IES Camilo José Cela de Padrón, carece dun dos dous subalternos que este centro ten en plantilla, ámbolos dous con destino definitivo, como consecuencia de enviar a unha delas en comisión de servizos para a Consellería de Presidencia, sen que a dirección do centro manifestara a súa conformidade. Reiteradas veces e por diversas canles: escritos e conversas telefónicas cos responsables da Xefatura territorial de Educación e mesmo da Consellería de Educación, na que tamén se tiveron entrevistas persoais, tentouse resolver o problema e intentar conseguir que cubrisen a praza que deixaron vacante pola mentada comisión de servizos, sen que ata o día de hoxe se teña resolto e con respostas de caráter negativo amparándose e na crise que arrasa con todo e nunha norma carente de sentido ?? xa que non ten en conta o aspecto fundamental que é o horario do centro independente do número de alumnos que teña.
Ante a negativa de cubrila cunha substitución por razóns que non convencen a ninguén, xa que a praza existe e segue vacante, vémonos na obriga levar o asunto ao Consello Escolar, por segunda vez, e de comunicar que na reunión deste órgano de gobernó celebrado o pasado día 15 de novembro, acordouse por unanimidade de tódolos membros presentes que o centro permanecerá pechado cada vez que a única subalterna da que dispomos teña que ausentarse por calquera motivo xustificado e non poida abrir o centro, o que é a súa competencia conxuntamente con outras moitas tarefas como atender o teléfono, abrir e pechar accesos, facer fotocopias, encender as caldeiras da calefacción, e un longo etc. Tamén se acordou dirixirse aos país do alumnado para explicarle a situación e recabar o seu apoio para que por parte da Consellería se actúe con responsabilidade e se cubra a vacante que eles mesmos crearon.
EL CORREO GALLEGO, 19/11/11