Máis de 200 vehículos antigos enchen a zona do peirao de Cesures.

Os vehículos antigos enchen dende onte o peirao de Pontecesures coa feira ??Fegaclasic?, organizada pola asociación cultural ??Mirándolle os dentes? e que se prolongará ata a noite de hoxe. A choiva caída durante a xornada inaugural desluceu algúns actos, aínda que a afluencia de xente
foi moi notable.

A organización contou coa presencia de Ángel Jove, vicepresidente da Federación Española de Vehículos Antigos, e Marcos Vázquez, presidente da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, para inaugurar a feira dentro dun recinto presidido por un pedestal de ladrillo no que hoxe se colocará o PO-2, un dos primeiros coches a gasolina que circulou por Galicia e que foi cedido para a ocasión por Manuel e Javier Pazó Olmedo, que tamén foron protagonistas do corte de cinta da inauguración.
Tanto Jove como Marcos Vázquez ofreceron a continuación sendas charlas sobre patrimonio e mecanización agrícola, seguida dunha mesa redonda na que o público puido formular preguntas e resolver dúbidas sobre vehículos clásicos. Esta foi a alternativa pola que optaron moitos dos asistentes, mentras que outros percorrían o recinto feiral para non deixar atrás ningún detalle.

Coches, motos, bicicletas, vehículos militares, camións, maquinaria agrícola… a variedade é case total en ??Fegaclasic?, que conta con máis de medio cento de expositores chegados dende distintos lugares de España e Portugal. Nos stands ofértanse tanto vehículos, como recambios e pezas antigas ou papelería relacionada co mundo do motor. Entre algunhas das ??xoias?, o presidente de ??Mirándolle os dentes?, José Carlos Potel, destaca un C5 do ano 1925 ou o propio PO-2, que ??é o símbolo de Pontecesures. Estivo nas feiras de 1950 e do 54 e agora volve a acompañarnos?.

Atractivos. Outros dos meirandes atractivos son os vellos coches de bombeiros que presiden a entrada á feira e que foron cedidos por diferentes parques galegos. Algúns son do máis curioso, como unha bomba de agua que data de 1812 e que se manexaba manualmente entre catro persoas. Tamén destaca, dentro da zona expositiva, un monográfico sobre a marca SEAT. A organización conseguiu ata 24 modelos diferentes de coches fabricados por SEAT, entre eles o mítico 600 ao que realizaron unha homenaxe. Un destes vehículos foi izado nunha plataforma ata vinte metros de altura.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/09

Homenaxe no monumento ás feiras.

Fegaclasic abrirá hoxe ás 10 da mañá. O programa desta segunda xornada inclúe unha concentración de coches clásicos a partir das once e, ás 12:45, a actuación do grupo Xareandeira. Será o preludio á homenaxe que se realizará ante o monumento en memoria das feiras de automóbil de ocasión que se celebraron en Pontecesures a comezos e mediados do século XX.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/09

Percorrido polo rural de motos e coches.

Unha das primeiras actividades de Fegaclaisc na mañá de onte foi unha concentración de coches e motos clásicas, A choiva non desanimou oas condutores e acompañantes, que realizaron un percorrido por algunhas zonas rurais de Pontecesures, como Grobas e Fenteira. A organización contabilizou arredor de oitenta inscritos, que participaron na ruta por estas aldeas subidos nuns vintecinco vehículos.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/09

Pontecesures celebra este fin de semana la Feira Galega de Automóbil Clásico.

Coches, tractores, recambios, accesorios, librería…Todo ello tiene cabida en la terceira edición de Fegaclasic, que entre hoy y mañana se celebra en Pontecesures con organización a cargo de “Mirándolle os Dentes” asociación presidida por José Carlos Potel Saborido. La entidad organizadora porpone “un viaje en el tiempo” mediante la observación de los vehículos participantes en este encuentro que comienza hoy a las 11 de la mañana con la concentración de motos y coches clásicos, la muestra de algunos vehículos de bomberos que figuran entre los más antiguos de Galicia, un monográfico sobre los Seat, y una exposición de maquinaria agrícola clásica.
A mediodía se organiza una ruta para visitar la zona rural de Pontecesures y a las 18 horas está prevista la inauguración oficial del eevento, dando paso así a las primeras conferencias,
El objetivo es debatir sobre la recuperación del patrimonio y la mecanización agrícola clásica en el territorio gallego, con intervención de Ángel Jove y de Ángel Vázquez Marey. También está programada una mesa redonda en la que todos los aficionados a los vehículos clásicos y antiguos pueden exponer sus inquietudes e incluso plantear sugerencias de cara a reforzar este sector y organizar por´ximas ferias del automóvil.
Mañana, Fegaclasic prevé la apertura de la feria a las 10 de la mañana, con concentración de coches clásicos a las 11, actuación del grupo Xarandeira al mediodía y un homenaje al monumento que recuerda la celebración de las antiguas ferias del automóvil de ocasión celebradas en la localidad.

FARO DE VIGO, 16/05/09