A ledicia de cumprir cincuenta anos xuntos en Cordeiro

Os cinco matrimonios homenaxeados recibiron uns agasallos de mans do párroco.

A parroquia valguesa de Cordeiro foi escenario o pasado domingo dunha celebración moi especial xa que cinco matrimonios celebraron de maneira conxunta as súas vodas de ouro, ou o que é o mesmo, cincuenta anos xuntos.
Eran as doce do mediodía cando comezaba a celebración eucarística. O que para algúns foi unha misa máis, para cinco familias de Cordeiro foi unha xornada especial posto que cinco matrimonios quixeron aproveitar a conmemoración do día da Sagrada Familia para celebrar de maneira conxunta as súas vodas de ouro.

Ramón Pereira e Ramona Rodríguez, José Castromán e Candelaria López, Ramón Bandín e Felicitas Pardal, Francisco Conde e Inés Bouzón, e José Luis Cerneira e Ramona Feijóo foron os protagonistas dunha festa na que, aínda que non houbo intercambio de alianzas, si que primou o protagonismo destes cinco matrimonios, que quixeron compartir con toda a comunidade parroquial a celebración eucarística.

Agasallos.
Pero todos e cada un dos cinco protagonistas do evento foron obsequiados ao remate da celebración cunha pequena lembranza que lles entregou o párroco, don Xesús Pazos García, e o Padre Luis Amor, que foi o encargado de presidir a celebración eucarística o pasado domingo, que ademais coincidía coa festividade do Día dos Inocentes.

Aínda que algunhas das parellas xa festexaran de maneira individual este importante acontecemento, todos quixeron xuntarse para esta ocasión especial e así celebrar tamén o Nadal con todos os membros das súas familias.

O ritual eucarístico rematou, como non podía ser doutro xeito, cun forte aplauso por parte dos parroquianos asistentes á última misa dominical.

DIARIO DE AROUSA, 02/12/08

O párroco convida aos feligreses de Pontecesures a cantar panxoliñas o sábado día 3 de xaneiro

O párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, informou na misa de aninovo, que despois da misa das 18:00 do sábado día 3 de xaneiro, un grupo de persoas cantará panxoliñas no propio templo convidando aos feligreses para que, individualmente ou en grupo, fagan a súa aportación, cantando as panxoliñas que desexen neste tempo do Nadal.

La Plazuela acoge la gran fiesta de despedida del año 2008.

La Plazuela de Pontecesures acoge hoy por la mañana una grtan fiesta de despedida del año 2008 con uvas incluídas. La cita es a las 11 horas, una hora antes de que suenen las doce campanadas en el reloj de la iglesia parroquial.
Para los que no quieran celebrarlo con esta fruta habrá conguitos. Los más pequeños tendrán su momento con un sorteo de regalos y tendrán la oportunidad de darle su carta al Cartero Real en persona, pues viajará a la Plazuela con este fin.

DIARIO DE AROUSA, 31/12/08

IMAXENES DA CARREIRA POPULAR DESTE SABADO PASADO

Este sabado 27 celebrouse a IX edición da carreira popular de Pontecesures. estes foron alguns dos momentos da mesma.

Cabeza da carreira logo do 1º kilometro.

O atleta mais veterano, cos seus 76 anos.

Os 2 primeiros da proba á falta de 1 kilometro.

A participante de menor idade, a cesureña Sara Liñares, con 11 meses.

O podium absoluto da proba.

Algunhas das participantes que obtiveron medallas de recordo pola súa clasificación.