Gran cea da peña quinielística do Bar Mambís.

O venres día 27 de xuño, ás 21:00 terá lugar esta cea da peña de quinielas “Más vale tarde que nunca” que ten a sede no Bar Mambís, rexentado por Elías Sanmarco, nunha carpa que se instalará no peirao, preto das instalacións de Protección Civil de Pontecesures.
O prezo do menú, que estará servido por Pulpería Mambís (Marisol e Florencio), é de 30 ?, e consistirá en empanada, polbo, churrasco, carne ó caldeiro, rosca, tarta de Santiago, café e licores.
Haberá actuacións musicais e xa están confirmados Luis “Queimada”, Manolito “El Pescador” e o humorista Pacheco.
Por suposto, poden asistir os/as non socios/as aboando o prezo do menú.

I Trofeo de Piragüismo Pontecesures 2008.

Dentro do programa das Festas do Carme 2008, o luns día 7 de xullo, ás 17:30 horas celebrase no peirao de Pontecesures a proba de referencia para palistas das categorías alevín e infantil.

Información e inscricións no Club Náutico de Pontecesures, tfno: 609-762437

Organiza: Club Náutico de Pontecesures.
Patrocina: Concello de Pontecesures (Concellería de Xuventude e Deporte)
Colaboran: Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación de Pontevedra

Máis de 200 nenos/as asistiron á festa da ANPA polo remate de curso escolar.

No recinto escolar do CPI Pontecesures celebrouse esta festa de remate de curso na que participaron máis de 200 alumnos/as do centro e outros nenos/as do municipio.
Os cativos disfrutaron dos xogos inchables, foron obsequiados coa merenda e asistiron a actuación do grupo cesureño “O show dos pallasos”. Houbo un sorteo de agasallos donados polo comercio local, e para rematar tivo lugar unha animada festa da espuma.
? de salientar a boa organización, e desexo trasladar a felicitación á xunta directiva da ANPA polo seu traballo.