Avance Programa Festas de Porto 2007

Sábado 18 de Agosto

18.00 h – No campo Municipal de fútbol, partido de solteir@s contra casad@s.

Domingo 19 de Agosto –  Cine as 22.00 h na plazuela de Porto.

 Mércores 22 

19.00 h – Regata de Dragóns no Río Ulla

22.00 h – Entrega de Troféos en Porto, amenizada pola orquesta Master Band.

Xoves 23

22.00 h – Tradicional mexilloada, con viño barrantes, refrescos….

E para amenizar a noite as orquestas Alkar e Jerusalén.

Venres 24

13.00 h – Puxa de Ramos, e a tradicional Traca.

Pola noite as orquestas Charleston Big Band e Olympus despedirán as festas ata o ano 2008.

O venres, día 20 de xullo, cea de confraternidade da peña de quinielas do bar de Elías.

O venres día 20 de xullo, ás 21,30 horas, terá lugar esta cea nunha carpa que será instalada no aparcadoiro da rúa Patifas. Esta peña denominada “Máis vale tarde que nunca”, ten a súa sede no Bar Mambis e pertencen a ela uns 80 peñistas. Van celebrar precisamente a cea coa recadación dos premios obtidos na tempada de quinielas.
Os organizadores están tratando de programar a actuación dalgún humorista ou grupo musical para amenizar o evento.

Bando sobre intercambio xuvenil.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil deste Concello, conxuntamente cas dos concellos de Cuntis, Poio, Pontevedra, Valga, Vilagarcía, e Vilanova de Arousa estä a organizar o “6º INTERCAMBIO XUVENIL: AMIGOS DO MAR E A MONTA?A-2007”, que se levará a cabo os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo (martes, mércores e xoves). Este intercambio xuvenil consiste na organización dunha viaxe de 3 días por diferentes lugares dos concellos sinalados, realizando actividades de ocio e lecer, didácticas, deportivas, etc..; pernoctando as dúas noites intermedias: a 1ª en Vilagarcía e a 2ª en Poio. A idade para participar é de 13 e 15 años (13 cumpridos antes do 17 de xullo e non cumprir 16 antes desa mesma data); eventualmente, senón se cubren tódalas prazas pódense inscribir en lista de espera rapaces/as que cumpran 13 anos no ano 2007 ou os que cumpriran 16 despois do 01/01/2007.
O prazo para a solicitude de prazas para esta actividade remata o vindeiro 11 de xullo, tendo a disposición de tódolos interersados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil da Casa do Concello.

María Isabel Castro Barreiro.
ALCALDESA