Maribel Castro da prioridad a las fiestas del Carmen.

La alcaldesa Maribel castro tembién prefirió ayer no valorar esta convocatoria y, según explicó, su prioridad es sacar adelante la gestión municipal. En estos momentos está centrada en la organización de las fiestas del Carmen, que se celebran el siguiente fin de semana y cuy programa estaba sin cerrar cuando llego el sábado a la alcaldía.
La regidora informó que gracias a los donativos ingresados en la cuenta bancaria abierta a tal efecto será posible contratar las orquestas para las verbenas del sábado 30 y domingo y lunes 1 y 2 de julio, respectivamente. Castro aprovecha para informar que la cuenta sigue abierta y hace un llamamiento a los hoteleros de Pontecesures para que se impliquen y hagan donativos.

LA VOZ DE GALICIA, 21/07/06

Novo Horario Pub A Tentacion de Bes

bes_4.jpg

O pub A Tentacion de Bes estrea horario estival e quere poñelo en coñecemento de tod@s os interesados.

O local abrira as suas portas ó público como Bar tódos os días dende as 19.30 h en diante, e os fins de semana seguirá animando a todo aquel que se achegue durante as noites, e ata ben entrada a  madrugada.

Como alicientes ao seu atractivo suma unha nova decoración e moitos agasallos polas consumicións, así como numerosas festas das que iran informando a medida que teñan prevista a sua celebración.

“Os cesureños teñen que percatarse de que a movida non é só ruido. Xera riqueza e emprego”

Quen non recorda os grandes tempos da “movida cesureña”, cando as rúas eran un mar de xente e entrar nalgún local era misión case imposible? Os hostaleiros de Pontecesures teñen esta imaxe gravada na súa mente e por iso, tras uns anos de vacas fracas, optaron por unir as súas forzar nun intento de que a noite de Pontecesures volva a ser o que era. Así naceu a Asociación de Hostalería, comandada por Xabier Freire Heleno, e da que actualmente forman parte un total de doce establecementos. Aínda que a iniciativa xurdiu dos locais nocturnos, acabaron sumándose tamén bares, cafeterías e incluso bocaterías e o experimento parece ir por bo camiño xa que “pronto seremos máis”, apunta Freire, propietario do pub Kompló e o bar Víctor García.

¿Como foron os primeiros pasos desta nova asociación?

Era perceptible que o sector estaba un pouco de capa caída e démonos conta, por iso pensamos que o mellor para que rexurdira era xuntarnos para poder facer máis forza. Comezamos no entroido, cun concurso que tivo moito éxito e a partir de entón puxémonos a traballar en serio para constituir legalmente a asociación. Aínda que a idea partira dos locais de noite, o obxectivo é que o colectivo aglutine a todo o sector e, de feito, os bares xa comezan a integrarse tamén.

¿Cal cre que foi o motivo polo que Pontecesures deixou de ser unha zona de ocio nocturno de refencia?

Ninguna zona de copas se libra de pasar por momentos altos e baixos. A movida de Pontecesures remóntase a máis de vinte anos atrás e nunca houbera un baixón forte, algo que resultaba un tanto estrano. Finalmente tívolle que tocar, como tamén lle ocurriu a outros lugares como Boiro, Rianxo ou Caldas. Isto móvese por ciclos, pero creo que tamén influiu o feito de que non estabamos demasiado organizados e tivemos algunhas presións externas que non nos axudaron nada. Por exemplo, aquí exerceuse un control moi forte sobre os horarios de peche. Sabemos que a hostalería de noite xera problemas en todas partes, pero ás veces a xente só pensa no ruído e nesas cousas negativas sen percatarse de que en Pontecesures, un pobo de 3.000 habitantes, este sector xera polo menos cen postos de traballo. Ademais esta zona estivo moi descoidada e machacada, non só se fixo presión ós locais, senón tamén ós clientes, por exemplo con moitos controis da Garda Civil polos arredores.

(máis…)