Nun partido intenso, baixo unha forte tormenta, onde non faltaron os raios nin os tronos, e incluso a sarabia, o ULLA C.F. impúxose por 1-2 ao RÁPIDO DE NEDA.
Campo de Neda cheo de xente. Sempre causa boa impresión ver como a xente apoia aos seus; Os nosos nenos tamén necesitan dese apoio. Dende aquí queremos facer un chamamento a toda a afición, para que o próximo domingo 26 de Maio, ás 12:00 do mediodía, no partido de volta, veñades todos a animar a estes pequenos, que o están facendo tan ben.
¡¡Ánimo ULLA!!