Un camión derriba un poste del alumbrado en A Toxa y provoca una avería en el servicio.

Sobre las 17 horas un camión-hormigonera procedente de una obra de construcción de vivienda unifamiliar en el lugar, derrribó un poste del alumbrado público situado en A Toxa 11 (al lado de la vivienda de José Manuel Saborido Casal) y causó daños en el muro de cierre.
Al arrancarse cableado, se quedó sin alumbrado público toda la zona de A Toxa y Carreiras hasta que se reparó provisionalmente la avería, a las 20,30 horas.
Identificado el camión, se van a realizar los trámites con la compañía de seguros para que se haga cargo de los daños en los bienes públicos y en los privados.

Cortado o paso do camiño peonil que, por baixo da N-550, une a antiga Casa Castaño coa rúa Cantillo de San Xulián.

Na mañá de hoxe, procedeuse a colocar una cinta na entrada e saída do túnel, prohibindo o paso de persoas. As pedras do petril da estrada nacional (o da marxe dereita, dirección Vigo-Santiago) están movidas por mor dunha colisión dun vehículo, e pode desplomarse algunha sobre o paso peonil.
Espérase que mañá o persoal de mantemento da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, leve a cabo os traballos de arranxo deste muro de protección, co fin de que quede expedito o camiño.

Frecuentes avarías no semáforo do cruce entre a Avda. de Vigo e a Rúa Ullán.

Nestes últimos días, cando se pon e marcha o alumeado público da estrada nacional N-550 (Avda. de Vigo), sobre as 19,15 horas, apágase o semáforo de referencia co conseguintes riscos para os peóns e para os ocupantes dos vehículos que circulan pola Rúa Ullán.
Estánse a facer xestións para corrixir esta avaría o antes posible, pregando que se disculpen as molestias.

Restauración do Muiño de Infesta.

O Concello de Pontecesures ten a intención de restaurar este muiño que se atopa en estado de abandono.
Co fin de levar a cabo dita mellora, e descoñecendo os posibles titulares de dereitos (de propiedade ou de uso) do devandito muiño, convócase ás persoas que teñan ou consideren ter algún dereito, para que se personen na Casa do Concello nun prazo que remata o día 8 de marzo, ós efectos de acordar, no seu caso, a restauración deste ben de interese patrimonial.

Segue a pavimentación de camiños en Pontecesures.

Coa maquinaria e materiais da Deputación comezou a obra para pavimentar tamén o camiño estreito que divide os termos municipais de Pontecesures e Valga. Entrase nel pola rúa dos Namorados (pola man esquerda na dirección Praza dos Valeiros-Parrillada A Charca) e sáese fronte á parrillada. Este camiño estaba practicamente en terra cos conseguintes problemas para o tránsito e incluso de salubridade.
Tamén comezou a limpeza previa para pavimentar o camiño que sae da parte alta da rúa Ullán (pola man esquerda dirección A Estrada-Pontecesures) fronte o camiño que da misma rúa sae para o CPI Pontecesures e que foi asfaltado hai uns anos (pista das Cortinallas en Infesta).