No día de hoxe solicitouse á alcaldesa en funcións Maribel Castro que se limpe a fondo en Porto o camiño do Caleixón que une a rúa Carlos Maside coa rúa Portarraxoi polo Agro do Muíño. Este camiño peonil está en deficientes condicións e utilízano frecuentemente os veciños de Porto.
Tamén no mesmo escrito solicitouse a limpeza do Cristo da praza dos Valeiros tenda en conta que nesta semana celébranse as festas de Porto.
Obras
Obras públicas, urbanización, estradas, saneamento, reformas de espazos e equipamentos municipais, así como avarías e mantemento.

