Como non podía ser doutra maneira tratandose da vila padronesa recoñecida como cuna ou berce Xacobeo, ten erexido como patrono ao Apóstolo Santiago. Terras que na antiguedade bañou o mar de Arousa e oxe seguen a facelo os rios Sar e Ulla derradeiro camiño do mar por cuxas augas chegou a barca cos seus restos.
Compre entón aparcar por uns dias (que non olvidar) tema Fundación Cela, asemade homenaxe dedicado a Rosalía no aniversario 125 do seu pasamento, pois nos atopamos en vésperas dunhas datas en torno ao 25 de Xullo de honra ao Apóstolo e durante as cales Padrón recibe a milleiros de visitantes que se sumarán ás numerosas peregrinacións que xa a cotío neste Ano Santo aquí chegan percorrendo o camiño de Santiago e deténdose, coma resulta obrigatorio, se se quere completar o verdadeiro Camiño.
Os peregrinos tras grandes e a veces duras camiñatas que percorren dende os mais lonxanos lugares, veñen a venerar as reliquias do Apóstolo para gañar indulxencias. Calixto II foi en 1122 o primeiro Papa que concediu o privilexio do xubileo xacobeo . Moitos son como é sabido os camiños elexidos a partires do primeiro que foi o camiño da auga que sinalou a milagreira barca cos restos do Apóstolo Santiago por mar e que se reivindica nestes dias ca ruta marítmo-fluvial mar de arousa-rio Ulla final en Padrón. Padrón pode considerarse pois como antesala de Santiago xa que antes ou despois, Padrón-Santiago ou Santiago-Padrón, aparte visitar o sepulcro do Apostolo na catedral compostelana, a peregrinaxe se completará coa visita a vila santiaguista de Padrón onde os símbolos xacobeos do Pedrón e o Santiaguiño do Monte porán o referendo as duras xornadas dos camiñantes aos que tamén se lles ofrecerán sobranceiros espectaculos e festivais ademais como é lóxico, dos solemnes cultos relixiosos de costume como cada dia do patrono, 25 de Xullo.
José Castro Cajaraville.
TIERRAS DE SANTIAGO, 20/07/10