A deficitaria patraña do déficit público.

Por Xabier Ron. GALICIA CONFIDENCIAL 15/04/12

??No vacilaremos en tomar las medidas oportunas para lograrlo. Nuestro primer objetivo es el déficit, el segundo es el déficit y el tercero, el déficit?, así xustificaba o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, o maior recorte orzamentario da democracia no estado español, que se sitúa nos 27.300 millóns de euros. Sirva o mantra de Montoro para introducir as presentes liñas que falan da coartada para o recorte, o déficit e, unido a el, a débeda pública.

1. A filosofía ultraliberal imprégnao todo. Domina a linguaxe e transmite ideas falsas sobre a economía e por iso vólvese instrumento de segregación e enmascaramento. Fala da inevitabilidade, como se os mercados fosen entes abstractos, sen nome e apelidos e sen intereses. Pero non é así. Non hai espírito santo nin maxias: todo responde a unha decisión política de persoas concretas.

2. A solidariedade é un termo que os ultraliberais empregan, pero que non saben entender na súa verdadeira dimensión, de aí que a redución do gasto público, o control das contas públicas ligado ao déficit e os procedementos de vixilancia sobre os orzamentos nacionais supoñan unha vulneración das normas democráticas da soberanía nacional e sexan fondamente insolidarios.

3. As politicas europeas son insustentables e antisociais. O Colectivo de Economistas Aterrados afirma, sen ambaxes, que son reformas estruturais perigosas para a cohesión social e o equilibrio no reparto das posibilidades de realización [1]. A prolongada política de bonificación ás rendas elevadas ??das que coñecemos unha nova mostra na decisión de Rajoy de recompensar aos defraudadores nos Presupostos 2012- contrasta coa ineficaz armonización fiscal europea.

4. O Banco Central Europeo (BCE) non serve tal como está concebido, xa que obriga aos Estados membros a financiar a súa débeda pública nos mercados financeiros, quedando así en mans de voitres especuladores. Neste eido, particularmente perxudiciais son os Credit default swaps (CDS), que conforman un mercado especulativo coa débeda soberana, parasitario e desestabilizador [1].

Temos que transformar o funcionamento institucional e financeiro de Europa, ou imos directos cara ao abismo. Como afirma Martín Seco, a Unión Europea, ??desde su creación, está inmersa en un lenguaje engañoso e hipócrita? [2].

As normas consignadas nos Tratados europeos, desde Maastricht, son unha ofrenda ao desastre que estamos padecendo, tal como alertabamos algúns na década dos 90 do século pasado, sendo por iso definidos ??catastrofistas?? ou mesmo, de forma falaz, ??antieuropeístas??. Pero o paradoxo é que a UE se fixo de ??espaldas a los ciudadanos, ocultándoles la dimensión y las consecuencias de los acuerdos y disimulando los intereses económicos que impulsaban el proceso? [2]. Por iso, non podemos desentendernos de Europa.

5. A construción europea non pode facerse tendo en conta estes mecanismos insolidarios. A cláusula de ??non salvamento? (no bail-out) do Tratato de Maastricht é absurda e incomprensible. O feito de que os países teñan prohibido recorrer ao BCE para financiar os seus déficits derivou no entreguismo destes países ás esixenzas da industria financeira, incluíndo ese niño de víboras, as nefastas axencias de cualificación [2]. A crise actual é unha mostra da carencia de mecanismos de solidariedade financeira en Europa: os fondos de rescate non o son, antes ben son unha proba máis da deriva e do entreguismo.

Entreguismo ben visible na obriga de introducir a ??regra de ouro? nas Constitucións nacionais sobre o déficit público estrutural limitado ao 0,5% do PIB. Aberrante: o único beneficiario é toda a engranaxe da industria financeira. E se para iso hai que dar un ??golpe de estado tecnocrático? faise e punto: Grecia e Italia teñen presidentes que non foron votados pola súa cidadanía. Ao mesmo tempo, a contracción do gasto público relega a millóns de persoas a vivir no limite das súas posibilidades de realización, cando non na pobreza (en España, máis do 21% da poboación).

6. Todas as medidas ultraliberais apelan a rebaixar o gasto público para controlar o déficit, o anatema dos ultraliberais, fonte de todo mal. Non obstante, os países como España deficitarios en infraestruturas e niveis baixos de bens e servizos sociais, educación, sanidade, protección social, etc., están na obriga de forma transitoria a endebedarse para mellorar [2]. Lembremos que o gasto social de España sempre estivo lonxe da media europea. Todas as medidas actuais hipotecan o noso futuro ao restarnos capacidade de mellora e facilitar os procesos de privatización [1].

7. Débense impoñer mecanismos de armonización fiscal en Europa e nos seus Estados membros. Temos que conquistar as institucións europeas, democratizalas e mudar o paradigma económico actual. Entón poderemos impoñer unha serie de medidas de cooperación: o BCE e os bancos nacionais deben prestar diñeiro, garantir a débeda pública e incentivar a creación de emprego; impedir a especulación coa débeda pública; fiscalizar impositivamente as transaccións financeiras e establecer un imposto excepcional sobre as grandes fortunas; en definitiva regular os mercados e a industria financeira, ao mesmo tempo que se fortalece o sector público. Non é imposible facelo. ? cuestión de ideoloxía e vontade política.

Non queda outra, temos que anular o nefasto poder absolutista da industria financeira e artellar unha verdadeira solidariedade entre os pobos de Europa…sempre que, claro está, consideremos que é preciso seguir formando parte da construción europea do futuro.

Bibliografía

[1] Economistas aterrados, Europa al borde del abismo, Pasos Perdidos / Barataria, 2012, p. 16-21, 38-39, 58-59, (impagable a análise dedicada a España, pp. 121-140).
[2] Juan Francisco Martín Seco, Economía. Mentiras y Trampas, Península, Barcelona, 2012, p. 21, 23, 46-52 (clarificador panorama sobre o BCE), 73-79 (de lectura obrigada para profanos no eido déficit público).

Grandísima Pascua.

Unas treinta mil personas, según el Concello, se dieron cita ayer en Padrón en su día grande, el Domingo de Pascua. No es para menos, porque había muchos alicientes, empezando por esa feria cabalar que reunió 400 equinos de todas las razas, y siguiendo por el espectáculo de doma, baile flamenco, clásico y coreografías orientales que ofrecieron con sus caballos los burgaleses Hermanos Borja y la Asociación de Pura Raza Galega. Detrás de ellos había mucho trabajo, y ayer su esfuerzo recibió la recompensa del público.

EL CORREO GALLEGO, 09/04/12

Era por Pascua…

En Carcacía, frente a un hórreo clásico derruido, existe un Calvario del siglo XVIII compuesto de un varal octogonal sobre el que descansa una gran cruz ornamentada en la cabeza de los brazos y que muestra la imagen de Cristo y de la Virgen de los Dolores. Es además el único del municipio escoltado por dos cruces.

Por Pascua, dábamos lustre a la piedra y recogíamos flores para decorar el cruceiro a fin de recibir a la enlutada Dolorosa que salía en procesión desde la iglesia parroquial hasta la mesa de piedra adyacente. Hay poca gente que sepa que el cruceiro de Xuane sale en la guía turística de Padrón gracias a Mari Luz. Y digo gracias a Mari Luz porque fue ella quien, frotando la piedra de la peana, dejó al descubierto parte de la inscripción: año 1719. A partir de ahí, una limpieza a fondo daría valor al conjunto hecho por Cristóbal Barreiro y edificado por los vecinos de la parroquia. ¡Como todo! -diría yo.

Y es que el Concello, absorto en ser la cuna del Xacobeo, descuida su periferia hasta el punto de incluir en su guía una foto de la obra obviando que su estado actual haría llorar al turista más condescendiente. Con todo, turísticamente hablando y según su página web, Padrón termina en el convento de Herbón y bajo el plástico de un invernadero. Menos mal que nos quedan los vecinos para conservar algo de cuando Padrón ni siquiera era Padrón?

KATJA Mª SÁNCHEZ. TEAT y Vecina de Carcacía
TIERRAS DE SANTIAGO, 03/04/12

Festa da Lamprea: Tocata e fuga.

Nunca participei da idea de que os éxitos gastronómicos camiñaban da man da abundancia.
Relía hai uns días un artigo nunha revista económica sobre os bens chamados Giffen, unha rara clase de produtos que aumenta o consumio cando aumenta o seu prezo. Non é este o caso que nos ocupa, aínda que unha das condicións que se requerían para que un ben fose considerado Giffen era que debería darse unha escaseza de bens sustitutivos deste, cousa que si ocorre no caso da nosa lamprea do Ulla.
Sorprende, non obstante, que os organizadores desta edición teñan utilizado a vella estratexia de diminuir o prezo do produto cuxa oferta non é constante ao longo do tempo pretendendo incrementar a súa demanda.
Elo conleva unha doble perversión, por unha banda desvirtúa enormemente o status do produto (similar razoamento sería que os produtores do caviar Beluga, ante a diminución da producción iraní deste produto entrarán nunha dinámica de diminuir o seu prezo para facelo asequible a calquera mortal..) e por outra banda, senta un mal precedente de cara a futuras edicións en donde a abundancia deste vampiro do Ulla faga pensar en subir de novo os prezos das racións. Considero demasiado errático este razoamento.
Sorprendente é tamén que outras localidades cunha equipa de goberno nacionalista, onde a lamprea rivaliza coa lamrea do Ulla, teñan chegado a parecida conclusión e levado a cabo rebaixas no custo das entradas á festa de degustación da lamprea.
Son partidario de que a escaseza de recursos debe ser suplida por unha boa dose de imaxinación.
Semella que nesta edición esa imaxinación foi substituída por improvisación convertendo o que deberá ser unha festa gastronómica de referencia no mapa gastronómico do país en un pseudo-catering onde por un prezo estrela moita xente mercou a lamprea e optou por degustala no seu domicilio motivando certo aspecto desolador nas carpas instaladas.
A escasa difusión da festa xa era un comentario habitual estes días, e non sendo por algunha inserción publicitaria nalgún medio escrito (en páxina que é onde menos repercusión ten este tipo de publicidade, e que algún dos membros da organización como proveniente do mundo publicitario debera coñecer…) e a cartelería (que atrévome a dicir, se a memoria non me falla, que é a mesma que se utilizou noutra edición da festa hai xa anos…), houbese pasado desapercibida.A conservación e a potenciación do patrimonio etnográfico debe ser unha máxima dos gobernos municipais sexan da cor que sexan.
Atrás quedan aquelas edicións nas que importantes persoeiros do mundo do espectáculo, a comunicación e as letras teñen loubado este manxar prezado xa polos romanos no século V a.c. e cada día dóeme comprobar que vai perdendo interese para os gobernantes actuais.
Espero sinceiramente que en vindeiras edicións se tome máis en serio esta festividade gastronómica e convirta a Pontecesures en santuario gastronómico e á lamprea do Ulla en Santo Grial de temporada.

Juan Manuel Vidal Seage
VOCEIRO DO PARTIDO POPULAR DE PONTECESURES

Traballar máis por menos?

Un comeza a estar xa farto de tanta tontería, de tanto disparate verquido sobre as persoas que traballan na función pública. Funcionarios hainos de distinto tipo, desde os que están mellor tratados até os que están abaixo, en función do tipo de oposición aprobada, do mesmo xeito que na privada os cargos directivos ‘mexan’ por riba do salario do salario que gañan os traballadores e traballadoras.

Cando escoitei hai dous días os anuncios da comunidade de Valencia sobre o carácter docente do mes de xullo, xa me preocupei ao día seguinte de ver como se recollía a nova e, por suposto, non quedas defraudado, xa que sempre, sempre, aparece unha voz para, baixo a apariencia da veracidade, non disimular a súa xenreira(?)/envexa(?) cara ás persoas que traballan na función pública…como se a esa persoa se lle impedise presentarse a eses postos de traballo que tanto denostan.

Vou simplemente reproducir unhas palabras do artigo de opinión (na liña editorial do xornal?) que Sara Carreira deixou escrito en La Voz de Galicia do sábado 17 de marzo co título de «Un gesto ¿práctico?» (p. 28). Recollo os termos da primeira parte do artigo, onde comete o erro de xeneralizar o alcance da nova; na segunda se centra, se ben de forma pouco afondada e con algunha opinión tamén discutible, alude ao alcance da extensión da medida da comunidade valenciana ao resto do Estado…ignorando así que acontece na propia lexislación docente de Galicia.

‘Ahora que todos los trabajadores que tenemos la inmensa suerte de disfrutar de un empleo estamos más horas en el tajo y cobramos menos por ello, parece sensato que los funcionarios, todos, cumplan con su horario, y ya que disfrutan de esas casi dos semanitas de moscosos por la gracia divina no está mal que cumplan con el resto del calendario»

Neste fragmento condénsase todo o imaxinario de xenreira/envexa á que aludía antes. E faino desde afirmacións que cómpre, cando menos matizar e moito.

1º) Na Constitución Española (art. 35) está consignado ??o deber de traballar e o dereito ao traballo (…) e a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia?. O traballo é un dereito con dereitos, adquiridos despois de moitas décadas de loita obreira. Non descendeu dos ceos. Non. E requiriu o sangue de moitas mulleres que se negaron a seren vítimas dos patriarcas que as sometían nas empresas. De onde, senón, vén o que se conmemora o 8 de marzo.

2º) As condicións laborais estaban determinadas polos convenios colectivos: non hai graza divina. Un dereito negociado mediante a interlocución dos axentes sociais non debe, nin pode ser reducido a unha intervención divina (a menos que a autora sexa crente e pense que Deus si fixo á súa imaxe e semellanza a funcionarios e funcionarias). Os convenios colectivos amparaban ao traballador fronte ao empresario e ofrecíanlle unha protección social.

Como vedes, emprego o imperfecto, xa que a reforma laboral do PP fai que a negociación colectiva desapareza fronte ás necesidades de maximizar beneficios da patronal. A subxectividade non demostrada e doadamente manipulable cárgase a protección social que tiña o traballador fronte ao seu patrón. Iso que impediría que a autora se vexa na obriga(?)/aceptación(?) de traballar máis horas por menos salario.

3º) Traballar máis por menos, non pode, nin debe ser o que se desexe para a clase traballadora. Todo o contrario debera ser a nosa ambición como asalariados e asalariadas: acadarmos un traballo digno, quen de respectar a nosa vida persoal, social e familiar. A columnista non di nada sobre o seu xefe, que é en primeira e última instancia quen a fai traballar máis por menos. Por medo? Por autocensura? De seguro que Albert Camus estaría desencantado. Está de acordo a traballadora coas súas condicións? Traballar máis por menos é realmente unha sorte? A iso chámalle ‘disfrutar’?

4º) Esta traballadora semella ter interiorizado que todos os funcionarios, hoxe, incumpren o seu horario e o seu calendario. Na súa mente repousa a contraposición, defendida polos seus patróns, entre o eido privado, moito mellor, eficaz e eficiente que o público, que debera reducirse (até desaparecer?). Afirmación falsa que pode responder a: un prexuízo, un estereotipo, simple miopía social, a unha burda xeralización desde unha experiencia persoal negativa, etc. Eu non incumpro o meu horario, nin o meu calendario. E como secretario levo 8 anos traballando o mes de xullo. Sei que hai de todo, coma en botica, pero iso non me impide ver máis aló dos tópicos absurdos do imaxinario social (ben potenciado pola prensa afín ao sistema capitalista). Pero non acepto que se sigan degradando as miñas condicións laborais, do mesmo xeito que non quero que se degraden as túas, nin a dos demais. Por iso vou facer folga o 29 de marzo: para non traballar máis horas por menos salario e dereitos.

5º) Meter nun mesmo saco a todos os funcionarios conleva cometer erros coma o de dicir que os funcionarios disfrutan de «casi dos semanitas de moscosos» -con recochineo ben demostrable a través do diminutivo. Eu, que exerzo na función pública docente non sei que son eses moscosos. ? consciente a columnista que na recén aprobada lei de reforma da función pública en Galicia estes se reducen e que non chega nin de lonxe a esas dúas semanas?

E cabe recordar que a nova do día aludía ao corpo docente, a ninguén máis, pero intúese que existian desexos de falar de todos os funcionarios…»porque son todos iguais»: a mesma absurda estereotipación que define á clase política e conduce á desafectación política e, mediante este recurso, á vía libre ao estado de desfeita que vivimos hoxe.

6º) Non entendo a clase traballadora como átomos que viven en dous universos paralelos: privado vs público. Non. Somos asalariados e asalariadas. Dependemos dunha patronal que sempre desexará modificar e degradar as nosas condicións laborais para, con menos gastos, obter máis beneficios. Fronte a esta degradación non cabe a tontería de confrontarnos entre nós, a clase traballadora: cómpre a unión e facerlle ver aos que mandan que temos dereito a un traballo digno e con dereitos.

7º) Baixo a xustificación do déficit en Europa -outra patraña máis como ben demostra o economista Ha-Joon Chang- os axentes do neoliberalismo impoñen as súas receitas de recortes. E, nesa receita adquire unha enorme importancia reducir a función pública porque así se reduce a capacidade de intervención do Estado nos eidos fundamentais da vida pública. E iso, de suceder, significará amputar o futuro das vindeiras xeracións.

Por Xabier Ron
GALICIA CONFIDENCIAL, 20/03/12

A propósito do convento de Herbón.

? un segredo a voces que ben sabido é que non é o inicio do trámite de declaración do Convento de Herbón como Ben de Interés Cultural (BIC) o que está a enfrontar a unha parte dos/as veciñas/as de Herbón. Eu, que me declaro publicamente defensor de dita declaración, fun testemuña como membro da Corporación Municipal, cando se declarou BIC Santa Mª de Herbón, a igrexa parroquial, no 1982. Esa declaración afectaba dende o Rego da Manga ata o río Ulla. Nunca houbo que tirar ningunha casa nin invernadoiro, nin houbo que ocultar nada plantando tullas como maliciosamente agora se está a dicir.

O actual Plan Xeral de Ordenación Municipal foi aprobado, inicialmente en sesión plenaria do 18/22/93 e o 25/01/94 pola maioría da Corpoación do PP. Naquel momento era concelleiro de Herbón José Rivera Magariños que se pronunciou a favor de dito plan no que se ratifica e se amplía considerablemente a zona de protección de Santa María. Nunha houbo ningún problema por iso nin ten porqué habelo.

No pasado outono do 2011 publicase no DOG e no BOE a incoación do expediente para a declaración de BIC do Convento franciscano de Santo Domingo de Herbón. Non foi recurrido nin polo Concello, nin por ningún veciño, nin se presentaron alegacións no prazo legalmente establecido.

O Sr. alcalde e a comisión de goberno están a favor do BIC, do contrario teríano recurrido en tempo e forma. Non se entende doutro xeito sabendo como sabemos que o Sr. alcalde é letrado de profesión e non pode alegar ignorancia. Disto gustaríame preguntar: Sr. alcalde:

– ¿Cómo se pode apoiar agora, fora de prazo, intereses particulares enfrontando a veciños contra veciños?

-¿Cómo se pode defender a xente que insulta e agrede verbalmente con tanta virulencia?

-¿Cómo se pode calumniar ó prior Roberto Freire por tentar transformar o convento nun centro educativo, cultural, terapéutico.. por traballar na dinamización social de Padrón?

-¿Cómo se pode alegar, por parte do Concello de Padrón, que a declaración dun segundo BIC na aldea de Herbón poida dificultar a producción do cultivo do pemento?

E xa por último, señor alcalde,

-¿Cómo se pode chegar a pensar que a comunidade franciscana, histórica iniciadora do cultivo do pemento de Herbón, poida poñer en marcha calquera iniciativa que o dificulte?

Mentres tanto a oposición municipal con maioría absoluta na Corporación, nin está nin se lle agarda. Mentres discuten se o problema é de extrema dereita o de extrema esquerda o sentido común e a forza da razón reclaman solución por ser de extrema necesidade.

Por XOS? GARCÍA LAPIDO veciño de Iria (Padrón) e exconcelleiro do BNG na Corporación padronesa.

Columna «Tribuna Libre»
EL CORREO GALLEGO, 22/03/13