Como tódolos sábados, á primeira hora, baixo a tomar un café e a ler a prensa local, hoxe en «El Correo de Andalucía» atopeime cunha doble páxina (20-21) na que fala da futura rede de cercanías que haberá na provincia de Sevilla, que pasará de tres rutas actuais a cinco.
Unha gran foto, cun pe de foto que di: «VISITA: La Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, en la cabina de un Cercanías».
Mentres que en Galicia, Fomento, plantexa que parte da liña máis antiga de Galicia vai desaparecer, no sur estase a ampliar e estase a vender da seguinte forma:
El Ministerio de Fomento entiende que los trenes de Cercanías son un modo de transporte óptimo en las áreas metropolitanas al contribuir de forma activa al desarrollo en términos de sostenibilidad. Además en Sevilla hay infraestructuras para ello.
Nos temos infraestructuras tamén, pero non hai vontade, e moito menos acercamento, aqui parece que non vai vir a Ministra a facerse unha foto nun Cercanías.
Este proxecto de Fomento, para Sevilla, ten uns orzamentos de 129 millóns de Euros, 103 para infraestructuras e o resto para material rodante.
Segundo RENFE, destras tres liñas actuais con 25 estacións pasarán a ser 39 no 2009, ca ampliación. Como «Nada se crea nin se destrue, só se transforma», irónicamente non se destruirán as nosas estacións, so se transformarán en novas liñas noutro lugar, onde entenden que fai más falla.