Pois é certo, o noso veciño Jesús Chus Abalo xunto con unha veintena de españois, todos eles residentes en Suecia e que se adican á investigación e docencia por aqueles lares, mantiveron onte un encontro co Ministro de Sanidade, na sede da Embaixada Españóla en Estocolmo.
Estes investigadores españois trasladáronlle o porque se tiveran que ir de España a Suecia para continuar as súas investigacións, e parece ser que o Ministro, que é un destacado científico, mostrouse sensibilizado con este tema da «fuga de cerebros» que se dan entre os investigadores do pais. Así, saudou un por un a todos eles, interesándose das razóns que os levaran a ter emigrado, así como se estarían dispostos a voltar, pois é partidario de facer o posible para que iso suceda, «porque é sagrante que se forme xente en España para que logo vaia render e dar beneficios a outros lados».
O ministro e os investigadores españois na embaixada.
Pero esto non foi todo, pois cando o noso veciño Chus Abalo estivo co ministro comentoulle que en Santiago traballaba e investigaba con lampreas, e algo en Suecia tamén, mostrándose este moi interesado no tema, porque seica lle encanta a lamprea, e que fora de Galiza que é imposible atopala en ningunha parte.
Tamén me preguntou cando era a festa da lamprea de Pontecesures, polo que o noso veciño, axil coma unha lamprea, invitouno no nome do noso pobo a que acuda pro ano próximo.
Agora faltaría que as autoridades municipais recollan o cabo lanzado polo noso conveciño e se proceda a invitar a tan distinguido persoeiro.