Nota íntegra do goberno local de Pontecesures sobre as acusacións do BNG en canto á feira do automóbil.

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES

Ante a nota publicada nos medios de comunicación no día de hoxe, con acusacións graves contra este goberno xa que se nos acusa de boicotear a Feira de Automóbil Clásico a celebrar a vindeira fin de semana organizada pola asociación ??Mirándolle os Dentes?, queremos contestar o seguinte:

1-Comezaron as obras do FEIL pola praza do monumento ao ??Coche de Pedra? por seren a única zona das rúas centrais non afectada por servizos de Gas Galicia, Unión Fenosa ou Telefónica. Era necesario comezar a actuación canto antes, pois os prazos de execución das obras deste Fondo Estatal son limitados. Coa obra en curso e xa na rúa Sagasta se está a coordinar cos titulares dos servizos as actuacións a realizar para que non afecten aos mesmos a aos seus usuarios (incluso con soterramento de cableado eléctrico.). Tamén podería comezar a obra da Plazuela pero neste caso estaba pendente a cuestión da autorización de Patrimonio.

2-Está perfectamente informada desta circunstancia a asociación organizadora do evento, que coñece as razóns técnicas cando se lle contestou en relación coa petición de autorización para a celebración dos actos en todo ó que atinxe a terreos municipais.

3-Por suposto, os días da feira deixarase o máis amplo espazo posible para a celebración dos actos. Así mesmo, quedará a zona de obras perfectamente sinalizada.

4-Non queremos entrar en polémica con ninguén en relación coa feira. O concello colabora en cuestións de policía local, protección civil e outras como a autorización para utilizar un pedestal de titularidade municipal. Naturalmente desexamos que o evento teña o maior dos éxitos.

5-Trata o BNG de Pontecesures de enredar e de facer política coa feira. Este goberno nin boicotea nin ten porque vingarse de ninguén. Da a sensación que teñen sempre na cabeza o ocorrido en moitas ocasión cando o alcalde anterior presidía a corporación que sería, sen dúbida, quen para adoptar decisións para prexudicar calquera iniciativa de persoas que non lle foran afíns. Claro que o ex alcalde adoptaba prácticas totalmente rexeitables e antidemocráticas de ??ordeno e mando? (a prohibición de utilizar a fotocopiadora aos membros da oposición, as presións sobre a asociación de Protección Civil retirándolle o vehículo, a condena na Xustiza por presionar a traballadores nas eleccións sindicais, o cambio de pechaduras para que non entraran nas oficinas membros do seu goberno, etc?) Que estén tranquilos agora os nacionalistas. Estas pácticas foron erradicadas.

6-Non é ningunha sorpresa a cualificación dos nacionalistas respecto a feira do automóbil antigo e de ocasión organizada polo concello. Todos coñecemos o seu posicionamento e porque está escorado o BNG . Por iso non imos entrar en máis discusión. Tan só dicir que estamos satisfeitos do noso evento.

Pontecesures, 10 de maio de 2009

O “desgoberno” boicotea a feira do automóbil. Nota íntegra do BNG de Pontecesures.

Estánse a levar a cabo no concello de Pontecesures as obras de mellora de beirarrúas no centro do pobo con cargo aos fondos do FEIL (Fondo Estatal de Inversión Local para o emprego). Para sorpresa do noso grupo as obras comezan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás ferias do automóbil (O Coche de Pedra); consistindo estas no levantamento das beirarrúas incluído o levantamento de toda a plaza do Coche de Pedra e na apertura de zanxas.
Para nós o máis normal e lóxico e que estas obras comezasen dende as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, nengunha razón técnica que xustifique facelo dende o centro hacia fora.
Nembargantes, vemos que se acerca a feira do automóbil FEGACLASIC organizada pola asociación Mirándolle os Dentes os vindeiros 16 e 17 de maio. Precisamente esta asociación ten previsto a utilización deste espazo aledaño ao Coche de Pedra, entre outros, para a celebración deste evento ca colocación de automóbiles e motos clásicos, tendo constancia o noso grupo de que a asociación ten autorización por escrito do concello para o uso deste espazo.
Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estará intransitable e en pésimas condicións para calquer celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear dende o goberno municipal a celebración da FEGACLASIC polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron ca asociación cesureña Mirándolle os Dentes usurpándolle a organización da Feira do Automóbil de Ocasión e encargándolle esta a unha empresa de Vigo por unha descomunal cantidade de euros.
Dende o goberno municipal, despois do estrepitoso fracaso da ??súa? feira do automóbil aínda que algúns non o queiran ver, intentan boicotear a FEGACLASIC sexa como sexa e agora ocórreselle iniciar as obras do FEIL coincidindo en datas e lugares con esta feira.
Para o BNG esta extrana coincidencia é fruto dunha actitude revanchista da que responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro e ó concelleiro de obras Rafael Randulfe, e temos que reiterar que as actitudes dos membros do goberno municipal nos seguen a recordar tempos pasados de autoritarismo e caciquismo no noso pobo.

Pontecesures, 8 de maio de 2009

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Máis opiniones sobre el tren de cercanías y la problemática con Vilagarcía.

ALBERTO GARCÍA (Alcalde de Catoira)
“Non sabemos as razóns que teñen en Vilagarcía porque non asistiron á reunión para defendelas, pero todos os demáis estamos de acordo en facelo, e non sería lóxico que Vilagarcía quedara fóra”.

JOS? MARÍA BELLO MANEIRO (Alcalde de Valga)
“Estamos dispostos a seguir adiante sen Vilagarcía. Dende o noso punto de vista é un erro; se eu fose alcalde de Vilagarcía diría que sí a este proxecto, porque tamén se van beneficiar as súas parroquias”.

LUIS ÁNGEL SABARIZ (Concejal de Pontecesures): “Tanto le costó a nuestros antepasados hacer esa vía con pico y pala y vamos ahora nosotros a desmantelarla porque sí”.

LA VOZ DE GALICIA, 09/05/09

Sae á rúa “A Voz do Ullán” boletin nº 1 dos socialistas cesureños que ten distribución gratuita.

SA?DOS!
Un saúdo cordial dos socialistas de Pontecesures.
Esta publicación é a culminación dun desexo longamente ansiado por esta agrupación: facer chegar aos nosos conveciños a nosa opinión sobre os temas de carácter municipal que a todos nos importan.
Por outra banda, é un xeito de reivindicarnos. Os socialistas estamos eiquí, queremos participar na vida social e política de Pontecesures porque sabemos que a nosa opinión é compartida por moitos e debe ser escoitada.
Agardamos que esta publicación sexa do voso agrado e que sexa o medio no que, dunha vez por todas, se vexan reflictidas as vosas reivindicacións.

FONDO DE INVESTIMENTO P?BLICO. UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA.
Coa finalidade de crear postos de traballo, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero destinou 555.566 euros ao Concello de Pontecesures, dentro do chamado Fondo Extraordinario de Investimento Público.
O goberno municipal de Pontecesures aplicará estes cartos na Plazuela e no seu contorno, precisamente na área con mellor equipamento urbano de todo o concello.
Os socialistas de Pontecesures antes de esta decisión do equipo de goberno, xa comunicamos na prensa as actuacións que críamos debían facerse:
-Accesibiliade de beirarrúas.
-Elevación de pasos de peóns.
-Construción de beirarrúas onde non existen.
-Canalización de pluviais.
-Mellora de camiños.
Recoñecemos que non son obras moi rechamantes, coma as que propón o concello, pero necesarias, e nalgún caso imprescindibles.
Como destacou o popular Randulfe no pleno no que se deron a coñecer estes investimentos, “estamos ante unha oportunidade histórica”; efectivamente UNHA GRANDE OPORTUNIDADE PERDIDA, unha ocasión única para reducir as diferenzas entre os veciños do centro do pobo dos de Porto, San Xulián ou Carreiras…Consideramos a decisión adoptada un erro de enorme magnitude, é que só pode deberse a que o equipo de goberno carece de imaxinación ou, o que é peor, non coñece as necesidades reais do concello.

ABANDONO E DESIDIA DOS EQUIPAMENTOS P?BLICOS.
Por todo o pobo pódense apreciar o estado de abandono de numerosas infraestruturas. Sirvan as fotografías que acompañan este texto como denuncia de falta de interese do equipo de goberno polo mantemento de diferentes equipamentos. Na foto da esquerda (publícase unha foto no boletín), tomada no cruce da PO 214 que vai á Estrada co Camiño de Carreiras, apreciase un ameazante cable “pelado” colgando dun poste ao alcance de calquera. Mención aparte merece a maraña de cables que alí se atopan e que tanto afean a vista.
Na foto do medio (publícase no boletín) apreciase como a céntrica Plazuela conta cun “ladrón” para dar servizo a quen se queira acercar cun electrodoméstico. O porblema é que o beneficiario da bondade do concello pode ser un neno dos que habitualmente xoga na Plazuela. Por se o neno non alcanza, pode subirse ao banco de pedra.
Por útimo, na foto da dereita (publícase no boletín) no parque de Infesta, entre a herba alta, sobresae o tocón dunha antiga árbore, perfecto para que tropecen nel nenos e maiores. Se aínda así non caen, poden facelo nos buracos que abundan neste pequeno parque e bater coa testa nos perigosos bordos que o rodean.
Estes son só tres exemplos de FALTA DE EFICACIA do equipo de goberno municipal para xestionar o día a día, e unha mostra do pouco contacto que manteñen coa realidade.

CENTRO DE DÍA E CENTRO SOCIAL.
A pesar de non estar no concello polas causas que todos sabedes, como membros da Agrupación Socialista de Pontecesures vémonos na obriga de facer propostas que coidamos son necesarias para conseguir un estado de benestar polo que estamos a traballar xa fai moitos anos. Os nosos veciños deben de gozar das mesmas ventaxes que lles fagan a vida máis cómoda.
Nestes momentos o Concello de Pontecesures xa debería de estar a facer as xestións para conseguir un CENTRO SOCIAL MULTIUSOS e un CENTRO DE DÍA sería o punto de encontro de toda a sociedade da vila. Debería contar cunha moderna biblioteca, sala de novas tecnoloxías, salón de actos para unhas duascentas ou trescentas persoas, lugar de ensaio para as distintas asociacións locais, cafetería…Onde mozos e maiores tiveran un lugar de esparcemento e diversión.
Nunha sociedade onde cada vez hai máis escolas infantís de 0 a 3 anos, porque hai unha demanda da sociedade deste servizo, pola incorporación da muller ao traballo, é tamén necesaria a construción de CENTROS DE DÍA, como lugares de atención ás persoas maiores que non poden valerse pola súa incapacidade física e non teñen que poida atendelas durante o día.

INSEGURIDADE MUNICIPAL.
Unha auténtica vaga de roubos é a que están a padecer diversos empresarios e particulares cesureños nos últimos tempos. Nalgún caso concreto os delincuentes chegaron a utilizar a violencia física, facendo temer o peor.
Ante estes feitos, o goberno municipal non só se debe limitar a laiarse e reclamar máis medios.
Da súa man está convocar a praza de auxiliar da policía local, pendente desde xa fai algún tempo, Non é unha solución definitiva, pero un novo municipal en Pontecesures permitiría aumentar os turnos e alongar o horario de servizo dos axentes. Por outra banda, os problemas de tráfico e aparcamento que se suceden de xeito contínuo poderían ser mellor atendidos.

Edita: Agrupación Local de Pontecesures do PSdeG-PSOE
Ponte en contacto con nós: socialistaspontecesures@gmail.com
COLABORA: Ofrecémosche estas páxinas para que fagas a túa reivindicación ou para que podas enviar a túa foto denuncia. Ponte en contacto con nós e farémonos eco das túas opinións.