Estimado/a amigo/amiga:
? un pracer para min en nome do Partido Popular de Pontecesures agradecerche a confianza que depositaches en nós tanto nas eleccións locais do pasado maio, como nas eleccións sexrais celebradas o pasado 20-N.
Nestas breves palabras aproveito a ocasión para invitarche a refrexionar sobre o momento que vive o Partido Popular a nivel nacional, autonómico e local.
Neste último ámbito, Pontecesures non conta cun goberno do Partido Popular o que lamentamos sinceiramente xa que de non ser así agora, a pesar do momento de crise que vivimos, seguramente Pontecesures tería moitas máis perspectivas de crecemento a todos os niveis, tanto económico, cultural, social, etc..
Non puido ser doutro xeito nos pasados comicios de maio, e o Partido Popular en Pontecesures quere facer partícipes aos seus afiliados e simpatizantes da idea de reestruturar esta agrupación a nivel local, agrupación na que todos temos ocasión de participar sen atrancos de ningún tipo, na que todos somos necesarios e na que todos estamos obrigados dalgún xeito a entendernos para poder facer do noso Pontecesures unha vila unida e así poder achegarnos ante calquera administración con garantías de acadar axudas para este noso pobo que ten necesitado está de tantas cousas.
Polo tanto para poder comezar a andar todos xuntos e co fin de tratar diversos temas como o referido á organización interna da agrupación local así como dar a coñecer as actuacións que se están a levar adiante polo grupo municipal do partido no concello, convídoche para o vindeiro día 16 de decembro ás 21:00 horas na sede local do Partido Popular en Pontecesures coa finalidade de tratar as cuestións expostas e atender ás vosas preguntas e suxerencias.
Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.
Juan Manuel Vidal Seage