O Concello de Pontecesures distribúe unha guía destinada a peregrinos.

guia peregrinos

Son moitos os peregrinos que diariamente pasan por Pontecesures percorrendo o Camiño Portugués cara a Santiago. E moitos deles precisan de servizos como a biblioteca, oficina de correos, protección civil entre outros.

O Concello de Pontecesures, atendendo a esta demanda, ven de realizar unha guía básica de servizos, que se distribuirá no propio albergue de peregrinos, así como en establecementos hostaleiros.

En breve, e atendendo os datos recabados no rexistro municipal de empresas, realizarase unha guía de establecementos hostaleiros.

Estas accións promocionais complementaranse coa instalación de tres paneis informativos situados no propio percorrido do Camiño Portugués ao seu paso por Pontecesures.

Enlace para descarga desta guía:

http://www.pontecesures.org/datos/guia_peregrinos.pdf

 

 

Avaría esta tarde no paso a nivel da “Portiña”.

pason

A avaría tivo lugar a última hora do serán porque non funcionaba unha das barreiras, aínda que estaba operativa a sinalización luminosa e acústica do paso a nivel. Foi avisado da avaría ADIF a través do 112, esperando que quede arranxado o problema de inmediato. Tanto os trens de viaxeiros como os de mercadorías despois de deterse, ou na estación ou un pouco antes do paso a nivel principal, ían paseniño pola zona.