Otra vez quedamos sin alumbrado en la estación de ferrocarril de Pontecesures.

Esta noche del 5 de marzo no está operativo el alumbrado de los andenes de la estación de ferrocarril de Pontecesures con lo cual la oscuridad es total y esto va a perjudicar, desde luego, a los usuarios afectados en las paradas de los últimos trenes del día y posiblemente en las de los primeros trenes de mañana viernes día 6.

Ya se comunicó la incidencia al ADIF esperando que la avería sea subsanada cuanto antes.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

XX FESTA DA LAMPREA – 1ª RUTA DE TAPAS: TAPEA LAMPREA.

Cartel-Lamprea2015webREDUX

PROGRAMA DA XX FESTA DA LAMPREA  – DOMINGO 22 DE MARZO DE 2015 PONTECESURES

10.30 Pasarrúas a cargo do grupo folclóricoXARANDEIRA.

12.00 Na Casa do Concello,pregón a cargo de D. ANXO ANGUEIRA, Presidente da Fundación Rosalía de Castro.

12.30 Comezo da degustación da lamprea na carpa instalada no peirao de Pontecesures.Prezo da ración 10 ?.

13.00 Actuación do grupo folclóricoXARANDEIRA.

15.30 Actuación do D?O MÁSTER na carpa.


 

tapea-lampreaCARTELwebREDUX

TAPEA LAMPREA ?? 13, 14 E 15 DE MARZO 2015 PONTECESURES

1ª Ruta de tapas de lamprea polos establecementos hostaleiros de Pontecesures.

HORARIO: Venres 13 de marzo de 19.00 a 23.00 horas. Sábado 14 e Domingo 15 de marzo de 12.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas.

PREZO DA TAPA: 2 ?

Campamentos de Verán A Lanzada 2015 da Deputación de Pontevedra.

logo.depo

 

Campamentos para rapaces/as nados entre os anos 2002 e 2007.

Prazo de solicitude: ata o 1 de abril.

Máis información no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11 a 15 horas e os martes e venres de 9 a 14 horas.

Descarga das bases deste programa da Deputación de Pontevedra, do bando informativo do concello e das solicitudes a cumplimentar:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=719

 

 

Nota íntegra da ACP Pontecesures sobre a Variante da N-550

Con data 14/01/15 solicitouse ao goberno local que convocase a todos os concelleiros para tratar entre todos, cos técnicos municipais presentes, do contido do informe oficial completo que debía remitir o noso concello e que está previsto no artigo 10 da Lei 25/1988, de 29 de diciembre de Estradas coas aportacións consensuadas por todos, do trámite de aprobación de dito informe no concello e dos pasos legais seguintes a realizar por parte da corporación.

Reitérabase que todos os membros da corporación debíamos ir da man nun asunto tan importante como a oposición razonada ao trazado proposto da Variante Padrón/Pontecesures/Valga da N-550.

Pois o goberno local parece que non quere que vaiamos da man, pois a semana pasada enviou o informe en cuestión ao Ministerio de Fomento facendo caso omiso da petición da ACP, pois nin convocou a reunión nin tratou para nada do contido do informe cos membros da oposición.

Tampouco fomos informados para nada da reunión mantida co “Director General de Carreteras” en Madrid o 25 de xaneiro por parte do alcalde e da concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, sobre o tema da variante. Só coñecemos unas sorprendentes manifestacións na prensa desta última pois, despois de estudar agora o ministerio a posibilidade de optar pola alternativa 1 que vai por enriba da AP-9 no que atinxe a Pontecesures rexeitando a alternativa 4 que ninguén quere, a Sra. Tarela pasa a emitir xuizos sobre o paso da variante logo polo municipo veciño de Valga e sobre a posibilidade de que este último conte ou non cun equipamento determinado preto da alternativa que se está a estudar en dito municipio. Resulta insólito que os representantes de Pontecesures vaian a reunión de Madrid a opinar sobre equipamentos e infraestruras do muncipio veciño en relación coa variante.

A ACP considera que o goberno municipal debe convocar urxentemente outra xuntanza cos veciños e cos integrantes da oposición, como a que se fixo o día 22 de xaneiro pasado, para informar ao detalle da reunión do día 25 en Madrid e do informe oficial presentado no trámite de alegacións.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures