Con certa decepción tivemos coñecemento de que o Concello de Pontecesures non atendeu a invitación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para, alomenos, colocar as bandeiras a media asta como sinal de duelo polo suceso ocorrido onte en León.
Sen entrar a valorar máis detalles, a ACP considera que, como institución que é, o Concello de Pontecesures non debe quedar á marxe da iniciativa da FEMP. Os veciños, independentemente da opción política de cada un, non merecemos esta pasividade. ? unha falla de sensibilidade.
Pontecesures, 13/05/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
ACP Pontecesures