Na tarde do 13/07/12, desplomouse esta cruz causando pequenos danos a un neno que se atopaba xogando na zona e que, ao parecer, xa foron avaliados pola compañía aseguradora da responsabilidade civil do concello.
Os trozos na cruz quedaron espallados no seu día pola zona, e no pleno ordinario do 30 de xullo de 2012, a concelleíra de IP, Flora Ferreirós, solicitou que se colocase de novo a cruz e que, alomenos, foran rertirrándose xa os trozos de pedra ante o perigo que representaban nesta zona de Infesta, bastante concorrida pois por alí pasa o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.
Sorprendentemente, o concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, afimou no pleno que antes de colocar a cruz había que pedir un informe ao técnico municipal por se houbera responsabilidades dos compoñentes do grupo de goberno que tiñan competencias de xestión cando a cruz foi colocada xa que poidera ser que a obra fora mal executada.
Pois ben, hai que dicir que a obra de rahabilitación desta zona de Infesta na que incluía a colocación desta cruz foi executada dentro dun programa LEADER PLUS en 2006 (a cruz en concreto foi colocada en outubro de 2006) sendo presidente da corporación daquela o actual alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e o técnico municipal é agora o mesmo que dirixiu esta obra en 2006.
Pois ben; solicítase a Souto Cordo que informe á opinión pública das conclusións do informe do técnico municipal e se hai responsabilidades na actuación do alcalde, doutros membros do goberno local de entonces, do técnico, da empresa instaladora, ou de quen sexa. Tamén instase a que, independentemente da investigación do concelleiro de obras, a cruz sexa colocada con toda urxencia. ? certo que os trozos foron retirados logo da pregunta plenaria, pero xa pasaron dous meses e a cruz non foi reposta permanecendo alí só a base. Un dato máis que nos amosa o abandono no que esta sumido o noso municipio con este goberno.
Pontecesures, 19/08/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures