Esta moción que vai ser debatida no pleno ordinario do luns 24 de setembro (21:00 horas) di, literalmente, o seguinte:
«Exposición de motivos:
Debido ao proceso que se está a dar nas relacións laborais entre a empresa ANA NAYA GARCÍA S.L. e todas as traballadoras e traballadores das distintas escolas infantís que ten en Galicia e no resto do estado español, e nomeadamente neste concello; as irregularidades con que se está levando a cabo; o método de negociación que se pretende aplicar, totalmente ilegal e desprezando á representación legalmente elixida; as presións, e baixo o noso punto de vista, a manipulación, que a empresa está a facer con todo este tema e, en definitiva, as graves consecuencias que pode traer para todo o persoal ó que a empresa propón (un convenio de empresa empeorando as condicións laborais e sindicais), consideramos que é necesario apoiar ás traballadoras e traballadores para deter estas prácticas polo que supón de ataque aos seus dereitos laborais, xa bastante precarios e, ao mesmo tempo un ataque importante ao importante servizo público público que están a prestar.
Por iso propomos ao Pleno da Corporación que se tome por parte do concello o seguinte,
ACORDO
Esixir a ANA NAYA GARCIA S.L. o cese deste tipo de actuacións q que comece a facer as cousas polas canles legalmente establecidas, é dicir, un porceso de negociación coa representación legal das traballadoras sen coaccións ou presións.
Pontecesures, 17 de setembro de 2012»