?xito do Clube Náutico de Pontecesures no campeonato de España de xóvenes promesas en Sevilla.

Gran resultado do Clube Náutico de Pontecesures no Campeonato de España de Inverno de xóvenes promesas,  celebrado en na Cartuja (Sevilla) o pasado 17 de marzo. Conseguíu facerse con 2 medallas de bronce.

3º posto, medalla de bronce, en C1 cadete 5.000 metros para Adrián Castiñeiras Troáns.

3º posto, medalla de bronce, en K1 cadete 5.000 metros para Camila Aldana Morrison.

Na clasificación xeral por clubes o CNP alcanzou unha moi meritoria 7ª posición dun total de 81 clubes de todo o territorio nacional.

No seguinte enlace podense descargar os resultados completos desta proba:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=322

PRESENTACI?N DA XVII EDICI?N FESTA DA LAMPREA DE PONTECESURES,MA?Á XOVES 22 DE MARZO, EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.4 FM

Este xoves 22 de marzo, aproximadamente sobre as 22.30h., coma xa é habitual, dende o 2006, presentarase e promocionarase a Festa da Lamprea do Ulla, no programa «Palco de Estrelas», que se emite en Radio Valga 107.4 FM, a emisora lider de audiencia no Val do Ullán. Nesta ocasión, no programa dirixido e presentado por Daniel Seijas, «subiranse» ó palco radiofónico para dar conta das actividades relacionadas con esta celebración gastronómica, os concelleiros do goberno cesureño Dona Cecilia Tarela e Don Roque Araújo. Ademais coma sempre sonará a mellor música das orquestras e bandas de musica galegas, artístas iberoamericanos,concursos, axenda festeira, chamadas en directo e moito máis ata as tantas da madrugada.