Celebran o 173 cumpreanos de Rosalía de Castro.

Como cada ano, a Casa-Museo de Rosalía de Castro, situada en A Matanza, no concello de Padrón, celebrou onte (24 de febreiro) un acto sinxelo con motivo do aniversario do nacemento da autora, hai 173 anos. E fíxoo, coma sempre, coa comunidade escolar de centros próximos a Casa-Museo de A Matanza, entre eles os do CPI de Dodro, aos que lles deu a benvida a presidenta da Fundación Rosalía, Helena Villar. Os escolares tamén foron protagonistas da celebración ao recitar versos da poetisa.

LA VOZ DE GALICIA, 25/02/10

En Pontecesures, xa foron entregados 12 adaptadores á TDT, subvencionados polo Estado.

Ata agora presentáronse 18 solicitudes no Concello de Pontecesures por parte de persoas maiores de 80 anos que viven sós, e maiores de 65 anos con dependencia. Ata o de agora concedéronse e entregáronse 12, aínda que non houbo ningún acto formal por parte do concello.
Lémbrase que aínda se poden presentar, ata o 31 de marzo, novas solicitudes. Na oficina de Servizos Sociais do concello facilítase todo tipo de información sobre estas axudas.

Cambios en Pontecesures.net

Na actualidade temos xa, en pontecesures.net, 8.280 Entradas, cun total de 11.320 Comentarios.

Para poder organizar a percura de información dentro da web acabamos de activar un novo sistema de «auto etiquetado» polo que, á hora de amosar as entradas, aparecen agora ligazóns sobre diferentes termos, que nos permite ver todo o publicado con ese termo ou palabra clave.

? unha forma moi útil (ainda en probas) de atopar información relativa á entrada que estamos a ver.

Só é unha forma de manter fresca e con facilidade de acceso todo o contido aquí dispoñible.