Sabariz dice que estará atento a la selección del personal del Taller.

El concejal de ACP, Luis Sabariz, aseguró (tras conocerse que el Grupo de Traballo Mixto del Obradoiro de Emprego estará integrado por tres miembros del gobierno bipartito) que «dentro das miñas posibilidades e a pesar dos atrancos que me vai poñer o alcalde, estarei atento a todo o trámite da selección de persoal» y solicitará «información sobre listas de aspirantes, criterios e probas».

DIARIO DE AROUSA 10/11/06

Ultima hora: O alcalde non cumpre o compromiso asumido ante o pleno e a oposición non estará representada na selección do obradoiro de emprego.

Desgraciadamente confirmáronse tódolos temores e no día hoxe o alcalde comunicou á Delegación do Traballo os nomes dos tres representantes do concello no Grupo de Traballo Mixto que seleccionará aos alumnos e ao persoal docente, directivo e de apoio do obradoiro de emprego. Serán o propio alcalde e as concelleiras Margarita C. García Castro e Mª Isabel Castro Barreiro.
En lugar de respectar a súa palabra e aceptar a decisión de 6 dos 11 membros da corporación como se comprometeu ante os veciños e os medios de comunicación no pleno do 27 de outubro no pleno (máximo órgano onde está representada a vontade popular) o alcalde incumple e nos amosa que é un mintireiro e que non ten seriedade algunha. Non se trata dun mitin nin dun compromiso electoral que logo presenta problemas para cumprilo. Se trata dun pleno onde había unha decisión inminente que tomar e que quedou en facer o que decidíramos os concelleiros sen que houbera problema algún (económico, orzamentario, de legalidade, etc..) para non cumprilo.
Unha máis do noso alcalde que nun principio ofreceu un dos postos ao PP para tratar de que discutíramos os da oposición.
Parece claro que a cúpula do BNG fai oídos xordos do que está a suceder coa actitude do alcalde nacionalista, pero tamén o PSOE, cos famosos pactos, está a permitir estas tomaduras de pelo. Parece que tampouco tomán nota os socialistas.
En fin, agora só lle queda ao Sr. Alvarez Angueira ir a TV Salnés para dicir que os da oposición somos o peor do mundo e que se fose por nós non se faría nada.

Luis Angel Sabariz Rolán
ACP de Pontecesures.

III Festa da Castaña do CPI Pontecesures.

MagostoO venres día 10 de novembro, celébrase no patio cuberto do CPI Pontecesures a festa de referencia co seguinte horario:

19 horas. SHOW DOS PALLASOS.
20 horas. M?SICA TRADICIONAL.
21 horas. MAGOSTO.
22 horas. SESI?N DISCO.

Están a venda, ao prezo de 5 ?, os tickets para asistir á Festa con dereito a degustar dunha ración de empanada, un boliño preñado, un refresco e un cartucho de castañas.
Colaboran coa festa O Show dos Pallasos (o grupo de Elías), o concello de Pontecesures, Protección Civil de Pontecesures, o grupo Xarandeira, o grupo Algueirada da ANPA, e a Panadería Basadre.
Os beneficios irán destinados á viaxe de fin de curso de 4º de ESO.

Luces misteriosas.

Angueira dice que no, que no es cierto lo que denunciaba Sabariz sobre el cementerio de Condide, que según el incombustible concejal cesureño estaba sin luz en la víspera de Todos los Santos. Y el alcalde, además, resuelve el misterio a lo Iker Jiménez. Dice que el encendido sólo se retrasó media hora por culpa del cambio horario. Y que por lo demás, todo funcionó bien y sin incidencias. Pues ahí queda.

Publicado en «LERIAS» La Voz de Galicia 04/11/06.

El Bloque acusa a Sabariz y Gerpe de boicotear a Pontecesures.

El BNG de Pontecesures acusa a los únicos representantes en la corporación de PSOE y ACP, Oscar Gerpe y Luis Sabariz, de tratar de boicotear el desarrollo del municipio, algo que se pudo comprobar en su actitud en el pleno del pasado viernes para aprobar el Obradoiro de Emprego. Los nacionalistas, que apoyan la gestión que está llevando a cabo el bipartito, con Manuel Alvarez Angueira a la cabeza, considera que ambos ediles de la oposición «lles importa ben pouco o obradoiro, ata tal punto, que non sabían ata a discusión no pleno se o ían apoiar ou non, e votaron a favor ao decatarse de que ía sair adiante incluso sen o seu voto.»
(más…)

Inundacións na mañá de hoxe en Pontecesures

chuvia.jpgAs fortes choivas na madrugada e na mañá de hoxe ocasionaron importantes inundacións na nosa vila.

Sobre as 10 da maña a forza da auga levantou duas tapas na rúa Portarraxoi (fronte a conxelados Neixon) e unha grande cantidade a auga de cor achocolatado (levaba cinzas do monte queimado e moita terra arrastrada) ía pola rúa San Lois. A estrada parecía un río e como os coches circulaban formábanse ondas que facían que a auga estivo a piques de entrar no Bar A Vila, no Froiz, na de Zabala, na de Salcar, etc… Esta auga procedía do regato da Chancela que foi entubado a partir da estrada nacional. Onde sí entrou a auga foi na casa de Claudina Limeres na Portaraxoi (uns 25 cms. de altura).

Tamen houbo asolagamentos na vivenda núm 29 de Aldea de Abaixo (Condide) o estar obstruído un regato que vai por baixo da canle e da pista do regadío, e en dúas casas de Redondo fronte á estación de servizo. Os propietarios con axuda de veciños tíveron que empregarse a fondo para achicar a auga.

Derrubáronse tamén por efecto da auga algúns muros en Aldea de Abaixo e Carreiras.