Preto da intersección da pista do Cagaxol coa que vai ata o campo de fútbol hai, nun marxe da calzada, varios trastos vellos (electrodomesticos inservibles, ferros, etc..) que proceden posiblemente dunha finca que foi limpada recentemente é que linda co paso a nivel de Porto-Devesa (alguén depositou hai tempo alí os trastos cando estaba a maleza alta). Hai risco de que se acumulen máis residuos na zona creándose un problema de salubridade.
Solicitouse así no dia de hoxe por parte do concelleiro Luis Angel Sabariz Rolán ao alcalde que se den as ordes oportunas para que os trastos sexan retirados con toda urxencia.