Padrón despide la II Festa das Tapas de Padrón con una buena participación.

Padrón. Con buena respuesta del público, según algunos de los establecimientos participantes en los dos fines de semana de celebración, se despedía ayer la II Festa das Tapas de Padrón. Tanto la tapa ganadora como el nombre de los consumidores que se llevarán los vales de compra los dará a conocer la organización a lo largo de esta misma semana, según lo avanzó la concejala de Festejos, Elena Romero.

La II Festa das Tapas de Padrón, organizada por el Concello en colaboración con la Asociación de Empresarios de Padrón, Rois y Dodro, ha contado este año con la participación de trece establecimientos de la villa coruñesa, en los que se ha sometido al juicio del público la imaginación de los chefs. Del pemento roxino, de A Casa do Patín , a la espetada de langostinos y zamburiñas en salsa de vieira con gratinado de queixo galego, de Século XX, pasando por los montaditos anti-crisis, de la cafetería Alfolí o los palitos de pechuga de polo, en O Secredo do Viño, los amantes del tapeo han podido disfrutar durante dos fines de semana de las creaciones gatronómicas más llamativas, por el módico precio de 1,5 euros.

EL CORREO GALLEGO, 24/09/12

Actividades deportivas do Concello de Pontecesures para o curso 2012/2013.

CADRO HORARIOS ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2012/2013

F?TBOL: NO PAVILL?N POLIDEPORTIVO.

LUNS E MERCORES (SEG?N HORARIO DOS DISTINTOS GRUPOS).

INSCRIPCION: LUNS 1 DE OUTUBRO E O MERCORES 3 DE OUTUBRO NO PAVILL?N POLIDEPORTIVO, ENTRE AS 5 E AS 6 DA TARDE.

A EDADE MÍNIMA PARA A ACTIVIDADE DE F?TBOL ? PARA OS RAPACES/AS NADOS NO ANO 2007 E ANTERIORES.

BALONCESTO:

ALEVINS: (ANOS 2001 – 2002)

MARTES 25 SETEMBR0 17.45 – 19 H

XOVES 27 SETEMBRO 17 A 18.30 H

NO MES DE OUTUBRO: DARANSE HORARIOS DEFINITIVOS

BENXAMINS: (ANOS 2003- 2004)

MARTES 17.45 A 19 H

XOVES 17.30 A 18.30 H

COMEZO O MARTES 2 DE OUTUBRO

ESCOLA DE BALONCESTO: NADOS NOS ANOS 2005 E 2006

XOVES DE 16.30 A 17.30 H. (COMEZO O XOVES 4 DE OUTUBRO)

 

Festa da bicicleta Pontecesures 2012.

Baixo a denominación UNETE Á VOLTA e co patrocinio da Deputación de Pontevedra, celébrase un ano máis a Festa da bicicleta en Pontecesures. Realizaráse un percorrido cicloturista polo noso pobo cubrindo unha distancia de 11,5 km.

Sábado 29 de setembro na Plazuela ás 17.30 horas (hora de saída). Concentración de cicloturistas no mesmo lugar a partir das 17.00 horas.

Para participar é preciso ter unha idade mínima de 8 anos e é obrigatorio o uso do casco.

Como novidade destacada este ano estará presente na ruta o exciclista profesional Marcos Serrano.

Ao remate da ruta cicloturista sortearanse entre tódolos participantes varios agasallos, entre eles unha bicicleta donada por BERUCA BIKES de Pontecesures.

Máis información e o itinerario completo da ruta no seguinte enlace da web da Deputación de Pontevedra:

http://www.uneteavolta.depo.es/web/unete-a-volta/44

 

ACP fai un chamamento para asistir ao pleno ordinario de mañá luns.

Será o luns 24 de setembro, ás 21:00 horas na Casa do concello, coa seguinte Orde do Día:
1. Acta anterior.
2. Proposta de festas locais 2013.
3. Moción do grupo de goberno se apoio ás traballadoras e traballadores da Escola Infantil Municipal.
4. Eleccións ao Parlamento de Galicia. Constitución mesas electorais.
5. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
6. Informes da presidencia.
7. Rogos e preguntas

Coma sempre, a ACP fai un chamamento aos veciños para asistir ao pleno. Sempre é iinteresante informarse de primeira man dos temas municipais e xulgar as actuacións e propostas de cada grupo. Nesta ocasión teremos un importante debate sobre o que está a ocorrir na gardería municipal en canto ó persoal, coñeceranse os integrantes das mesas para as eleccións autonómicas e, por suposto, espérase unha animada quenda de rogos e preguntas sobre a xstión do goberno municipal.

ACP pide que se dejen de pagar horas por activar un bombeo.

Xa hai varios meses, este concelleiro solicitou a listaxe de horas extraordinarias por traballos realizados fora de xornada polos traballadores municipais durante 2011, e despois de moito tempo informouseme das cantidades globais percibidas por servizos pero sen cuantificar as horas traballador por traballador, aludindo indebidamente á normativa de protección de datos. Como concelleiro, e para realizar as tarefas de fiscalización, teño todo o dereito a coñecer as cifras individualizadas (coa obriga de reserva para non utilizar os datos para outros fins, claro).

No pleno ordinario do pasado 30 de xullo expusen a miña queixa sen que nada cambiase no proceder do goberno local ao que lle interesa manter un obscurantismo sobre este tema para que non coñeza a cidadanía as cantidades que se pagan por traballos fóra da xornada de traballo.

Pois ben; teño coñecemento que pola simple tarefa de activar ou desactivar un interruptor para poñer en marcha ou deter o bombeo de augas de abastecimento na estación da Barca moitas tardes, hai que pagar sempre ao mesmo traballador unhas cantidades fixas e periódicas por traballos fóra de xornada. O normal sería facer isto á hora de entrada no traballo e na hora de saída agora que ademais o canal de subministro non perde prácticamente auga logo do labor de impermeabilización realizada polo goberno anterior.

Enténdese que haxa que facer este labor as fins de semana (aínda que a tarefa tamén podería facela de cando en vez outro traballador os sabados, domingos e festivos, compensando o labor en tempo da xornada semanal), pero que, por sistema, o mesmo traballador pase horas todos os meses polo labor diario no bombeo da Barca, non é de recibo.

En consecuencia, prégase ao goberno local que sexa corrixida esta situación eliminando os gastos que isto ocasiona ao concello. Coa crise actual as medidas para eliminar este tipo de gastos son moi necesarias.

Pontecesures, 21/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
ACP de Pontecesures