Con satisfacción recibeu este concelleiro da ACP a nova de que onte operarios municipais procederon á retirada da pequena cruz de pedra ubicada en días pasados no paraxe coñecido coma «Cruz de Infesta» que se está a acondicionar con cargo ao programa LEADER PLUS da ADR Ulla-Umia. A colocación desta cruz sobre unhas rochas foi denunciada por este concelleiro recollendo as queixas veciñais xa que o elemento ornamental lembraba, con evidente mal gusto, os que se colocan nas sepulturas dos camposantos. Ademáis, por enriba, a cruz estaba inestable e abaneábase con risco de caída e de perigo para nenos e maiores que transitan polo lugar.
Celébrase así esta retirada corrixíndose unha auténtica «chapuza» propiciada polo goberno local. Espérase así que se coloque, en lugar da cruz retirada, un cruceiro típico galego que é o que desexan tódolos veciños.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.