A ACP critica o retraso na apertura da piscina municipal.

A pesar de que estamos xa a 7 de xullo todavía non está aberta a piscina municipal «A Serea» que está situada no peirao de Pontecesures (Avda. Eugenio Escuredo). Son varios os veciños que preguntan as razóns desta demora e numerosos pais/nais de nenos que queren asistir ós cursos de natación que teñen lugar polas mañás non se explican a que se debe este retraso.
Todo isto demostra a apatía e o desinterese do goberno local á hora de dar servizos ós veciños (se houbo problemas coas instalacións ou coa adxudicación do servizo houbo tempo para arranxalos e non esperar a última hora). Xa non é moito o tempo que pode estar aberta a piscina descuberta é, pola incompetencia do alcalde e do grupo de goberno, acurtase sen sentido algún.
Esperemos que a instalación sexa aberta neste fin de semana como desexan os veciños.

O alcalde négase a que o concello se faga cargo do pago da factura da reportaxe fotográfica sobre a contaminación de FINSA encargado pola ACP.

Con data 19-04-06 houbo pola tarde, como todos lembramos, importantes emisións á atmósfera de FINSA que alarmaron ós veciños (o río Ulla tiñeuse de marrón, o peirao e as rúas Sagasta e Víctor García apareceron cheas de viruta e parecía como se «nevara» copos de madeira en fibra).
Ademáis de avisar ó SEPRONA este concelleiro encargou unha reportaxe fotográfica e así o fotógrafo ANXO ABALO presentouse na rampla do peirao (a do «Sol y Mar») para captar e documentar as tremendas emisións.
As fotos enviáronse ós medios de comunicación e deben permanecer, o noso xuizo, no concello para demostrar diante das administracións públicas o que vimos soportando en Pontecesures dende hai tantos anos.
Por escrito solicitouse ó alcalde que o concello se fixese cargo do custo da reportaxe pero, sorprendentemente, dende o propio concello comunicáronlle ó fotógrafo que á administración municipal non lle interesaban as fotos e que non as ían aboar seguindo as instruccións dadas polo propio alcalde.
Deste xeito a ACP tívose que facer cargo do custo da reportaxe aboando o día 30 de xuño a factura que ascendeu a 57,42 ?.
Ante isto, quérese facer constar o seguinte:

1-O alcalde e o BNG de Pontecesures demostra que o medio ambiente en xeral e a contaminación de FINSA en particular nin lle preocupa.
2-E moi decepcionante e incluso mezquino que o concello non pague uns gastos dunhas fotos encargadas para beneficio de todos. Esta e a verdadeira cara do noso alcalde humillando todo tipo de traballos ou xestións que fai este concelleiro.
3-O alcalde gasta con alegría cartos de todos en comidas de «acompañantes» sen identificar, en publicidade e propaganda, en desorbitados subministros de gasoil, etc.., e agora non quere que se gasten 57,42 ? que están perfectamente xustificados.
4-Este grupo continuará loitando, aínda que sexa con tódolos atrancos, para que a contaminación de FINSA deixe de producirse.

Pontecesures, 01-07-06
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP

Pontecesures na investigación

Moitos son os documentos de investigación que tratan sobre Pontecesures, pouco a pouco iremos recollendo estos e poremos ligazóns a estos.

Un exemplo témolo no traballo:

Un caso de Demografía industrial de principio del Siglo XX: Las comarcas de Caldas y o Ullán pontevedrés entre los años 1.899 Y 1.921.

De: Daniel Seijas Llerena, amosado na Sesión de  Demografía Empresarial dentro do
Congreso de Historia Económica (Santiago de Compostela 2005).

No que podemos ler na introducción:

Se trata de dar una panorámica de cual era la actividad industrial de estas comarcas, entre los años 1.899 y 1.921, a través de los sectores industriales más destacados de estos municipios. Estamos ante una comarca que estaba muy bien comunicada para aquel entonces, principalmente el enclave de Pontecesures, todo un ejemplo de intermodalidad para la época, donde existía un activo puerto fluvial, cruce de importantes carreteras que unían el sur de la ría de Arousa con el interior y lugar intermedio del posteriormente llamado eje atlántico gallego, a lo que se unía la existencia de una estación del ferrocarril, perteneciente a la primera línea de ferrocarril abierta en Galicia, en el año 1.873,que estaba situada a muy pocos metros del puerto fluvial.

  

Ver documento (formato PDF)

 

O grupo Algueirada da ANPA do CPI Pontecesures actua mañá en Requejo (Zamora)

O grupo folclórico «Algueirada» actúa mañá día 30 de xuño ó mediodía na localidade de Requejo en Castela e León. Desplazaranse uns 20 nenos/as baixo a dirección do monitor Martín Agrasar partindo a expedición ás 7 da mañá.
E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo folclórico se consolide co paso do tempo agradecendo ós monitores o traballo que están a realizar.