Bo Nadal a tod@s.
Ao administrador, aos intervintes e aos letores deste medio, deséxolle un bo Nadal.
Unha aperta.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Festas de Carreiras 2010.
SÁBADO, 9 DE XANEIRO.
-Pola mañá disparo de foguetes.
-Alborada pola charanga Apeles.
-Ás 12:30 h., misa cantada polo Coro da Armenteira.
-Despois da misa, poxa de ramos no Campo da Festa e sesión vermouth coa orquestra Abanico.
-Pola noite, gran verbena a cargo de Abanico e Suavecito.
-Á 1 da madrugada, servirase o chocolate con churros, de balde, no Campo da Festa.
DOMINGO, 10 DE XANEIRO. Festa dos rapaces.
-Ás 16 horas haberá inchables e touro mecánico a cargo de Diverneno, sendo a entrada e a participación de balde.
Será instalada unha carpa no campo da festa, e os organizadores agradecen a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Deputación Provincial e do Concello de Pontecesures.
O BNG de Pontecesures vese na obriga de abandonar o pleno antes de rematar a sesión.
Valoración do acontecido no pleno extraordinario urxente do pasado 21 de decembro.
O pasado luns 21 de decembro celebrouse un pleno extraordinario e urxente no cal os temas a tratar foron en primeiro lugar unha moción do BNG sobre o Centro de día para maiores nas antigas casas dos Mestres en contra da proposta do goberno municipal de entregarlle esos terreos ao Xacobeo para que fagan alí un albergue para peregrinos. Na orde do día, e a proposta do tripartito, figuraban tamén outros tres puntos que básicamente, pois non eran máis que cuestións procedimentais e burocráticas para, no seu día, acabar facilitándolle os terreos e edificación ao Xacobeo.
Como era de esperar o tripartito votou en contra da moción presentada polo BNG, xa que eles prefiren un albergue antes que unha infraestructura para os servizo dos nosos veciños, postura que o grupo municpal do BNG lamenta pois entendemos que se deben establecer prioridades e primero e antes que nada deben estar servizos para os veciños e logo para os de afora.
O BNG ben facendo ao longo da lexislatura unha oposición constructiva, con críticas ao que entende que está mal feito e con aportacións en positivo como nesta ocasión, proposta coa que se pode estar de acordo ou en desacordo, pero que en ningún caso merece como resposta do goberno municipal a burla, a mofa, a descalificación e o insulto. Actitude rechazable que afecta a todo o equipo aínda que proveñan dunha parte dos seus membros. Esta foi a actitude que mantivo tanto o tránsfuga Sabariz como o portavoz do PP Rafael Randulfe.
O Sr. Randulfe, unha vez máis e xa dentro da súa liña habitual de actuación, voltou a mostrar a falta de respecto polo grupo maioritario da corporación. Asimesmo o tránsfuga Sabariz, visiblemente alterado, aparte da actitude mencionada, verteu acusacións moi graves contra o BNG. Cando se lle pediu que explicara con claridade a quen acusaba das mesmas nos remitiu, inexplicablemente, aos periódicos.
A alcaldesa manifestou levantar o pleno e tamén expulsar a alguén, o que curiosamente non acabou facendo porque tería que expulsar a algún compañeiro do tripartito. A vista da actitude do goberno municipal e de que a propia presidenta non foi quen de reconducir a situación o BNG optou por abandonar o pleno despois de votarse a moción e como protesta polo sucedido esperando que estas actitudes sexan reconsideradas de aquí en diante..
Nova Executiva Local do PSdeG-PSOE de Pontecesures
O pasado sábado tivo lugar a Asamblea Extraordinaria dos socialistas cesureños co obxecto de elexir unha nova executiva local e os dous representantes que a esta agrupación lle corresponden no Comité Provincial.
Antes de comenzar a Asamblea, ?scar Gerpe dirixiuse aos asistentes para explicar os motivos da súa dimisión. Comentou que tras máis años de dez anos ao frente dos socialistas cesureños debía deixar o cargo polas súas actuais obligacións profesionais e, deste xeito, dar paso a nova xente para dirixir a agrupación local.
A continuación procedeuse á votación da única candidatura presentada, formada por Roque Araújo como Secretario Xeral; José Manuel Rey, Secretario de Organización; Concepción Gómez Figueira, Secretaria de Educación, Xuventude e Deporte; Enrique Herranz, Secretario de Economía e Facenda; Paula Barreiro, Secretaria de Traballo e Promoción de Emprego; Alberto Solla, Secretario de Politica Municipal e Pilar Villanustre, Secretaria de Igualdade e Política Social.
Esta candidatura foi elexida polo 89% dos votos emitidos. Nas súas primeiras palabras como secretario xeral dos socialistas cesureños, Roque Araújo chamou ??a unión de todos os militantes, a rearmarse moralmente tras os últimos resultados electorais e a preparar ao partido cara as próximas eleccións municipais?.
Por outra banda, ?scar Gerpe e Ana María Barreiro foron elexidos para representar á agrupación socialista cesureña no Comité Provincial.
Louzán inaugura la nueva sede del ORAL en Caldas.
Un vecino realiza gestiones en la nueva oficina del ORAL.
El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inauguró ayer en Caldas el nuevo local del ORAL, situado en la calle José Salgado y que cuenta con 166 metros cuadrados de superficie. Louzán lo definió como un espacio como ??cómodo, útil e cercano á xente?.
Al acto acudieron los alcaldes de Caldas, Cuntis, Moraña, Portas, Valga y Pontecesures puesto que la oficina presta servicio a toda la comarca, el portavoz y el presidente del PP caldense, Jesús Goldar y Evaristo Juncal, y también el presidente del ORAL, Andrés Vázquez, que explicó los presentes las características del inmueble, adornado con fotos antiguas de la villa termal y algunas imágenes turísticas del Ulla-Umia.
Casi nada tiene que ver con la anterior oficina que el ORAL tenía en Caldas, en el bajo del Concello, de apenas 25 metros cuadrados. La sede actual suma 138 metros de superficie útil y fue adquirida por la Diputación a la empresa caldense Dosemas S.L. por 180.000 euros. En la oficina trabajan cuatro personas y se ofrecen servicios generales y también de catastro.
Louzán indicó que, con este local, ??o ORAL amplía o seu patrimonio. Contribúe a prestar un servizo próximo ao cidadán, que é quen paga os impostos e hai que facilitarlle? los trámites. Además, también mejorarán las condiciones de los trabajadores, apuntó. El presidente de la Diputación reveló que durante 2009, la recaudación ??está a ser mellor, tanto en período voluntario como en executivo, que anos anteriores, a pesar da situación económica?. Esto revela, en opinión de Rafael Louzán, que ??os cidadáns da provincia son exemplarizantes á hora de contribuír?, de ahí que el objetivo sea ??que se lles preste a mellr atención posible?.
Agradeció a los alcaldes presentes que ??confíen no ORAL para xestionar os seus impostos? y aguarda que ??poidamos seguir colaborando e traballando todos na mesma dirección para saír da crise?. En este sentido comentó que, mediante una póliza de crédito, ??imos adiantar parte da recadación aos Concellos para que poidan afrontar pagos?.
DIARIO DE AROUSA, 19/12/09