Menos para emerxencias, para todo

pick-up

O BNG quere manifestar o seu malestar e o dos veciños de Pontecesures pola utilización que dende o concello se lle está a dar ao vehículo de emerxencias pick-up, xa que estamos a obsevar nestos días que operarios do Servizo Municipal de Obras do concello o están a usar para baldear camiños municipais. Nos cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo.

Dende o noso grupo xa denunciamos publicamente que en 2 incendios que se produciron recentemente no noso pobo non intervira esta pick-up porque non estaba posta a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tendo que actuar nestos operativos a motobomba e a pick-up do concello de Padrón.

Temos constancia de que a Agrupación de Protección Civil ten practicamente vetado o uso deste vehículo, o que é inaudito.

O BNG solicita unha vez máis ao concello que esta pick-up sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias. Ao mesmo tempo instamos á autoridade da Xunta de Galicia competente nesta materia, que foi a que subvencionou este vehículo, que controle a correcta utilización destes medios.

Lista provisional de candidatos a director do obradoiro de emprego.

Agulla Luna, Beatriz. Non cumpre
Cambeiro Lestón, María Dolores. 1,64
Esperón Salgueiro, María Teresa. Non cumpre
Fernández Fernández, Daniel. 3,10
Ferro Varela, Purificación. 4,55. Activa
García Rodríguez, Anselmo. Non cumpre
González Lestón María del Carmen. 4,06
Iglesias Toimil, María. 1,14
Lago Crespo, Victoria Eugenia. Non cumpre
Lambas Cid, Paloma. 4,39. Activa
Loza García, César. Non cumpre
Martínez Latorre, Adolfo. 2,59
Navarro Ramón, Laura. Non cumpre
Parada Portas, Rosario, Non cumpre
Paz Antón, Daniel. 3,84. Activo
Piñeiro Rey, María Dolores. 4,62. Activa
Pose Rodríguez, Antonio. Non cumpre
Prol Rejo, Milagros. 2,93
Rejes Canoira, Isabel. 3,03
Sampedro Reiriz, Juan José. 0,49
Saso Vías, Javier. 3,96
Veiras Fuentes, María José. 0,85

Os puntos son os do currículo é ??Activa? ou ??Activo? significa que nesta data están a traballar.
O día para as alegacións será o 2 de decembro no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar Social en Vigo.
O resultado final da baremación e o listado coas persoas que pasan á entrevista publicarase o 9 de decembro.

Lista provisional de candidatos a titor do obradoiro de emprego.

Alcaraz Salgado, María Hylma. Non cumpre
Álvarez Peiteado, María José. 0,84
Bascoy López, Jorge Jaime. 5,91
Castellanos Alonso, Iria. 0,68
Gaciño Martelo, María Josefa. 3,63
González Somoza, Irene. 4,61. Activa
Loza García, César. Non cumpre
Luaña Álvarez, Mónica. 3,69
Mauricio Iglesias, Enrique José. 0,93
Maza Penagos, Sonia. Non cumpre
Míguez Campos, Eva. Non cumpre
Navarro Ramón, Laura. Non cumpre
Ogando Bautista, María. Non cumpre
Otero Pérez, Susana. 2,18
Pérez Garrote, Raúl. 0,65
Rodríguez Castiñeiras, Silvia. Non cumpre
Rodríguez Paz, María Sonia. 2,04. Activa
Rodríguez Pontevedra, María José. 1,48
Rodríguez Sáinz, María. 2,11
Troncoso Castro, María Dolores. 4,01. Activa

Os puntos son os do currículo é ??Activa? ou ??Activo? significa que nesta data están a traballar.
O día para as alegacións será o 2 de decembro no departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar Social en Vigo.
O resultado final da baremación e o listado coas persoas que pasan á entrevista publicarase o 9 de decembro.

Enquisa sobre a utilización das antigas casas dos mestres

enquisa

O blog do BNG de Pontecesures, bngpontecesures.blogspot.com, inicia unha nova enquisa no día de hoxe para que os veciños internautas que o desexen poidan participar na mesma.
Pregúntase nela que queremos que se faga nas antigas casas dos mestres, un Centro de Día, un albergue ou se destine a outros usos.
Quen desexe participar na enquisa pode acceder ao blog e votar pola opción que prefira.
Se pode apreciar o número de votos emitidos, os días que restan para finalizar a enquisa e a marcha do resultado da mesma asi como os resultados que vai obtendo cada opción.

Non disporemos de comedor escolar.Nova baixada de pantalóns.

comedor

Esfúmase o comedor escolar. Se non se remedia Pontecesures non contará con comedor escolar para o vindeiro curso 2010-2011.

O BNG de Pontecesures constata que nos orzamentos da Xunta de Galicia non hai partida para levar a cabo esta infraestrutura. Non consignarse partida orzamentaria para o ano 2010 significa ademáis que probablemente tampouco contaremos co servizo de comedor escolar para o curso seguinte, o 2011-2012, feito que o BNG quere poñer en coñecemento dos veciños deste pobo.

Ante esta situación, ¿Qué fai o goberno local? Pois simplemente cala a boca e agacha a cabeza. Volve a calar igual que o fixo cando a Xunta do PP tirou abaixo o proxecto de remodelación da zona portuaria cun investimento de preto de catro millóns de euros, proxecto do que eles mesmos votaran a favor en pleno.

O BNG denuncia esta actitude do goberno do concello, covarde e cómplice. Covarde e cómplice porque a sabendas que o goberno da Xunta non consigna absolutamente nada para levar adiante esta infraestrutura tan necesaria e tantas veces demandada, cala a boca a fin de non importunar ao PP importándolle pouco ou nada se o servizo de comedor para os escolares e familias de Pontecesures non se leva a cabo
O tripartito coa alcaldesa á cabeza, é responsable no seu conxunto deste abandono e ven a demostrar que a promesa máis importante, por ser das actuacións máis necesarias, que levou a cabo o delegado da Xunta, o Sr, Cores Tourís durante a súa visita a este concello, caeu en saco roto. Dóuselle a entender á cidadanía de Pontecesures como a petición estrela e resultou ser, por ambos lados, mera e simple propaganda.

O BNG quere destacar tamén a actitude do tránsfuga Sabariz, que coa anterior Xunta de Galicia reivindicaba que se acometeran as actuacións necesarias para contar co servicio e agora, cómplice do PP, agacha a cabeza como o s demáis, non acordándose que él o só el é o culpable de que a anterior administración socialista non realizara a inversión para este fin por traizoar ccoa súa actitude de tránsfuga ao partido socialista, recoñecemento expreso que el mesmo ten feito nalgún consello escolar.

O BNG levou, nou seu día, ante o pleno municipal a inicativa para que se destinaran fondos do plan E para a construcción do comedor escolar, por ser prioritaria esta actuación, inicativa á que o goberno municipal non lle fixo caso, disculpándose con falta de competencia, e investindo os cartos noutras actuacións, que ao noso xuizo non eran tan urxentes.

Ante esta nova? baixada de pantalóns? do tripartito municipal, O BNG de Pontecesures, a través dos seus deputados no Parlamento de Galicia ven de presentar enmendas aos orzamentos para o ano 2010 a fin de que nos investimentos da consellaría de educación se consignen os fondos suficientes para que o comedor escolar sexa por fin una realidade para o vindeiro curso e esperando que o PP reconsidere a súa postura e atenda esta razonable e xusta petición.

Encharcados polo tripartito

O BNG quere informar á cidadania do sucedido na rotonda da Charca, por mor das últimas choivas destes dias, e das reaccións por parte do goberno municipal de Pontecesures aparecidas nos medios de comunicación.

Cando se empezou a construir a rotonda da Charca na estrada autonómica PO-548 houbo unha xuntanza, in situ, na que estiveron presentes a alcadesa Maribel Castro, o tránsfuga Sabariz o alcalde de Valga Maneiro e técnicos da Direccion Xeral de Infraestructuras. Na mesma xuntanza Maneiro dixo que as augas do regato tiñan que repartirse entre Valga e Cesures, cando todos sabemos que o regato circulou na súa totalidade, e dende sempre, dirección ao regato da Devesa. Esa negativa por parte do Sr. Maneiro a que as augas circulasen por onde sempre o fixeron, co asentimento e complicidade do goberno cesureño, foi o motivo polo cal se colocou un tubo de escasas dimensións (400mm) que non é capaz de recoller a totalidade das augas do regato provocando inundacións.

O BNG denunciou estes feitos no pleno municipal obtendo como resposta a mofa e burlas de membros do governo, afirmando que o BNG ??non sabe de que está a falar e está mal informado?. Sen embargo a realidade e o tempo pon a cada quen no seu sitio, e a denuncia realizada no seo día, de que o tubo tiña escasas dimensións, tórnase agora nunha realidade e nos últimos días houbo inundacións na rotonda da Charca nd afectando a fincas e incluso poido chegar ás vivendas de continuar as choivas. Xa nese intre,pois, o BNG alertou sobre a posibilidade destas inundacións instando ao goberno que non se deixaran tomar o pelo nin por Maneiro nin pola Xunta e esixiran que non se cometese esa tropelía con Pontecesures.

Agora, despois da “baixada de pantalóns” por parte da alcaldesa Maribel Castro, o tránsfuga Sabariz e o concelleiro de obras Randulfe, diante do alcalde de Valga, onde estes representantes dos veciños de Pontecesures non defenderon os intereses do noso pobo, aceptando as tesis de Maneiro e dando por boa a colocación diste reducido tubo, mandan un escrito a directora xeral de infraestructuras suplicándolle que tome medidas correctoras para evitar inundacións (máis un intento de lavar a cara que de arranxar o problema)

Parécenos vergoñenta a actitude dos nosos gobernantes municipais xa que nunca foron capaces de defender aos veciños da Charca e agora suplican solucións á Dirección Xeral de Infrestructuras. O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que con toda urxencia se reuna coa directora Xeral de Infraestructuras dona Isabel Vila, para que sexa sustituido inmediatamente este tubo de escasas dimenensións por outro moito mais grande e non volva a repetirse esta lamentable situación.